RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
cultura
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) celebra o seu 35 aniversario e con tal motivo presenta un cartel deseñado por A&B Comunicación e Deseño, que recolle imaxes de compañías galegas e internacionais e mostra "o impulso e proxección que tivo para o teatro galego un festival humilde pero entusiasta, con raíces pero igualmente con forza para voar", segundo apuntan os organizadores.
Engaden, que no cartel, a persoa espectadora poderá atopar imaxes de cada edición, dende 2009 (ano en que se celebrou o 25 aniversario) ata hoxe, "coma un peche de ciclo do festival, que se caracterizou por un impulso profesionalizador, por reforzar o seu rol de diálogo internacional no teatro galego e por achegar a Galicia a grandes mestres da escena mundial", sinala.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia quere así, tamén, "dende a ledicia do recordo, o respeto e a festa, lembrar e recoñecer todo o legado das persoas ligadas a este festival e que nos deixaron nestes 10 últimos anos: Bobò, Ernesto Chao, Xosé Manuel Olveira "Pico", Miquel Gallardo, Eimuntas Nekrosius ou Xan Cejudo", destacan os organizadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
ACEITES ABRIL
O Ribeiro gana peso en la producción de aceite gallego
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión de los dos accidentes ferroviarios que dejan 114 muertos