O Museo de Ribadavia ofrecerá Poesía Enriba
LITERATURA
O Poesía Enriba alcanza a súa cuarta edición
O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece a IV edición do Poesía Enriba. Terá lugar na Igrexa da Madalena os próximos días 2 e 3 de agosto.
Así, na primeira xornada do venres, a partir das 21,30 horas, contarase con Carlos Santiago, escritor, poeta, dramaturgo e director escénico; e David Trashumante, poeta, xestor cultural, editor, creador de vídeos e performer. Mentres que o sábado estará Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, poeta, tradutora, editora e xestora cultural; e Aida Saco Beiroa, que vive en Nova York e leva dous anos na prestixiosa Manhattan of Music, e Marcos de la Fuente, que leva cinco anos integrado na escena poética da mesma cidade, moi activo organizando eventos culturais, colaborando con músicos e poetas, e que presentan “As cordas invisibeis”, ás 21,30 horas.
Ademais, tamén está previsto o Obradoiro de Ecopoesía, o día 3, ás 12,00 horas, impartido por David Trashumante. Trátase dun obradoiro intensivo que permitirá coñecer a poesía, unha corrente poética incluída dentro da literatura (escritura da natureza), moi influenciada polo transcendentalismo norteamericano, e que inclúe poéticas que se estruturan a través da recuperación da cultura rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano