A música chega ao Museo do Viño coa súa “Cata Sonora”

CULTURA

A próxima actuación do Cata Sonora será o día 8 de agosto con Guzmán + Casanovas JR

Publicado: 29 jul 2024 - 15:00 — Actualizado: 29 oct 2026 - 10:17
Museo do Viño (Fotos Martiño Pinal)
Museo do Viño (Fotos Martiño Pinal)

Por cuarto ano consecutivo desenvólvese no Museo do Viño de Galicia, dentro da súa programación cultural que organiza ao longo do ano, unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais dende o blues ata a música clásica, e que conta con artistas tanto nacionais como da comunidade.

Comparten o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como o é a terraza exterior do museo.

Esta edición comezou o pasado 4 de xullo con Javier Bergia e continuando o 18 do mesmo mes con Carolina Rubirosa. A próxima actuarión será o día 8 de agosto con Guzmán + Casanovas JR; seguido de Mónica de Nut, o día 22 e Martín Agra o 29 de agosto.

Os concertos comezan ás 21,00 horas, con entrada libre ata completar aforo. Ao remate, os asistentes degustarán una copa de viño na zona Lunge do museo.

Contenido patrocinado

stats