Ribadavia inaugura hoxe o Nadal coa Gala Ferrero Rocher
ALUMEADO
Con motivo do acendido do alumeado de Nadal en Ribadavia, tras gañar o concurso Juntos brillamos más, hai varias rúas cortadas ao tráfico. Consúltaas aquí
Ribadavia inaugura hoxe o seu Nadal coa Gala de Ferrero Rocher, na que se acendeu o alumeado co que se premiou á vila gañadora do Concurso “Juntos Brillamos Más”. A capital do Ribeiro xa ten todo preparado para a gala que se celebrou na Praza Maior a partir das 19,00 horas, presentada por Jesús Vázquez e na que participaron membros de Ferrero Rocher ademais do alcalde, César Fernández.
Con motivo desta celebración, a rúa Progreso permanece cortada ao tráfico dende o cruce coa rúa Ribeiro e ata o cruce de Francelos, xunto coa pasarela da Foz, dende as 16,00 horas.
Habilitáronse zonas para estacionamento de vehículos no entorno do Complexo Deportivo do Xestal, na rúa Veronza, na esplanada do IES Ribeiro, na rúa Consello e na contorna do polideportivo O Consello. Tamén a área de autocaravanas é exclusivamente para estacionamento de turismos.
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, quixo felicitar persoalmente aos representantes municipais por ser Ribadavia a gañadora deste concurso e desprazouse na tarde de onte ata á vila para dar un paseo polo seu casco histórico, acompañado do alcalde, César Fernández, entre outras autoridades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 5 de agosto
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos