OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
MÚSICA TRADICIONAL
O Concello de Ribadavia aposta pola música tradicional pondo en marcha clases de gaita e percusión, que comezarán o 11 de xaneiro e terán lugar cada sábado en horario de 17,00 a 19,00 horas, no antigo Colexio da Alameda.
A partir dos seis anos, calquera que queira aprender a tocar música tradicional terá a oportunidade de facelo en Ribadavia con dous mestres: David Mondelo, que ensinará percusión, e Marcos Salgado, que se ocupará da gaita. Estableceranse grupos por idades para adaptarse ás distintas necesidades e xeitos de aprender de nenos e adultos. O material non será un problema para iniciar ambas disciplinas. “Para comezar en gaita non fai falta nada máis que unha flauta como a que moita xente xa ten na casa. Para a percusión, cunhas baquetas e unha caixa, que son moi asequibles, tamén é suficiente”, explica un dos músicos que impartirá a actividade, David Mondelo.
“A idea é comezar con estas clases de percusión e gaita para así recuperar a música tradicional en Ribadavia e, se se pode, nun futuro; chegar a formar unha Banda de Música Tradicional propia de Ribadavia”, establecía como meta a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez. Para máis información e preinscrición só hai que contactar a través de mondeloloisdavid@gmail.com e indicar o nome, teléfono e idade. O prezo será de 18 euros ao mes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
ACUERDO DE PAZ EN ORIENTE MEDIO
La cúpula iraní viaja a Suiza para el encuentro con EEUU
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 21 de junio
QUINTA COMUNIDAD CON MÁS LETRADOS
La demanda de justicia gratuita aumentó un 4,8% en Galicia en 2025
VICTORIA HISTÓRICA
El Antela hace historia y asciende a Tercera Federación (0(4)- 0(5))