Ribeiro en Común propón estudar a fusión de concellos
O grupo municipal Ribeiro en Común presenta unha iniciativa ao pleno de Ribadavia para abrir o debate sobre a necesidade de unir forzas e recursos nunha comarca en situación socioeconómica e de despoboamento preocupantes, segundo sinala.
“A fusión de concellos significa reforzar en poboación, territorio, recursos e financiamento aos actuais concellos da comarca que están en vías de despoboamento e empobrecemento, Ribadavia incluída. Negar isto non vai resolver os problemas que vivimos, e isto é así a pesar do enorme potencial e riquezas das que dispón tanto Ribadavia como O Ribeiro, que continúan aí á espera dun cambio substancial que as active”, apunta este grupo da oposición.
Nese sentido, lembra que a comezos do presente mes, a Xunta de Galicia anunciaba a súa intención de volver a promover a unión de concellos galegos. Nesta liña, desde a Fegamp anunciaban tamén que non se opoñía ás fusións voluntarias.
“A situación de Ribadavia é a de baixando dos 5.000 habitantes, con escaso territorio pero en consecuencia cunha importante densidade poboacional, mentres os demais municipios do Ribeiro rondan os escasos mil habitantes, e algúns moitos menos”, matiza. Por elo, propón ao Concello que solicite á Xunta que realice o estudo e proxecto de viabilidade de fusión voluntaria de concellos na comarca do Ribeiro e que o goberno local inicie accións neste sentido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
"DÍA DA PROVINCIA"
O Campamento Urbano conquista sete concellos de Ourense
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere el conductor de un camión tras volcar el vehículo en Lugo
TERROMOTO EN COLOMBIA
Decretado el toque de queda en Cali y Pereira tras el terremoto de Colombia