OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
PRODUCTOS ARTESANOS
Ribadavia prevé recibir nesta ponte festiva a centos de visitantes co reclamo da iniciativa “Artesanía, Saber e Sabor”, que xa onte, na xornada de inauguración, deixaba claro o seu poder de convocatoria.
A cita congregou xa pola mañá a moreas de persoas que se achegaron ata a vila atraídos polos produtos de Artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria que presentan máis dunha veintena de artesáns, ademais dos obradoiros, talleres e outras actividades das que poderán desfrutar nenos e adultos ata este domingo.
Dende a Praza Maior, onde se ubican os artesáns alimentarios, pasando pola zona de degustación de viños D.O. Ribeiro, pódese seguir o percorrido polo casco histórico, onde se realizan talleres en locais comerciais abertos para a ocasión, ata chegar a Igrexa da Madalena, que reúne aos artesáns de sectores da olería e cerámica, bixutería, xoiaría, coiro, calceta, feltro e relacionados coa moda.
Entre eles Alberto Lista, de Alfarería Lista, que segue a tradición familiar elaborando vaixelas artesanais, ou Silvia Garriga, de Nela Gourmet, en San Cristovo de Cea, que ofrece as súas marmeladas creativas, e que ve en este mercado “a oportunidade de darnos a coñecer”. Coincide con Vanesa Vázquez, de “Doces Mamá Teresa” de Arzúa, que destaca que esta feira é “unha ventana ao mundo e un intercambio de experiencias”.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou onte o mercado xunto ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; o director xeral de Comercio, Gabriel Alén; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, poñendo en valor esta iniciativa como “elemento dinamizador do rural e tamén do comercio de proximidade a través do traballo dos artesáns”.
"Esta iniciativa axúdanos a chegar ó público cos nosos produtos e dinamiza a contorna"
"Este tipo de feiras serven para poñer en valor o traballo que facemos os artesáns"
"Ademáis promocionarnos, sérvenos para intercambiar experiencias"
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Los kikos o el mal gusto de Inés