Saneamento renovado no Noallo de Abaixo, en Castrelo
OBRAS PÚBLICAS
As obras, cun investimento de 40.000 euros, buscan garantir servizos que asenten poboación no rural
O Concello de Castrelo de Miño vén de concluir unha serie de obras de renovación das redes de saneamento e abastecemento no núcleo de poboación de Noallo de Abaixo, na parroquia de Barral.
As intervencións tamén incluíron a mellora e embelecemento do campo da festa, así como no entorno da capela e do centro cívico deste lugar do municipio.
Estas obras contaron cun investimento cercano aos 40.000 euros, unha achega froito da colaboración coa Xunta de Galicia.
O obxectivo das mesmas foi o de preservar e coidar o medio ambiente a través da renovación das canalizacións e tuberías das redes de saneamento e abastecemento, de forma que se eviten verteduras, e minimizando no posible as perdas de auga potable por roturas debido ao deterioro normal polo paso dos anos nestas infraestruturas.
Servizos de calidade
O Concello castrelao busca con estas actuacións velar polo medio ambiente, de xeito que sirvan para mellorar a calidade de vida da veciñanza, ofrecendo servizos de calidade que poidan asentar poboación no medio rural. Estas actuacións enmárcanse dentro de dous plans de actuación do goberno local para a mellora do saneamento e abastecemento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta