Turismo de Galicia premia ao casco urbán ribadaviense
O RIbeiro
Os Premios Galicia de Turismo recoñecen a mellor localización natural, urbana, histórica ou cultural
Ribadavia será recoñecida nos Premios Galicia de Turismo 2019 co galardón o mellor "Escenario", que se entregará durante a gala que terá lugar o vindeiro 3 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. O premio "Escenario", que recoñece a mellor localización natural, urbana, histórica ou cultural destacada pola súa beleza, relevancia, coidado e conservación de Galicia, foi outorgado polos participantes na enquisa aberta ata o pasado domingo á noite na páxina web premiosgaliciadeturismo.gal.
Rivadavía competía neste ránking con outras 23 localizacións, 6 de cada provincia, preseleccionadas por un comité do Clúster Turismo de Galicia. Con 1.662 votos, a vila ourensá resultou a máis votada, seguida da coruñesa Torre de Hércules (1.279 votos) e do lucense Fuciño do Porco (1.094 votos).
Os Premios Galicia de Turismo, que nacen neste ano 2019, son o máximo recoñecemento que outorga a industria turística a persoas, institucións e entidades polo seu traballo a prol da consolidación de Galicia como destino turístico acolledor, contemporáneo, innovador, de calidade e respectuoso co medio ambiente natural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto