TRES BRIGADISTAS HERIDOS
Rueda evita pronunciarse sobre el incendio de Oímbra y se remite "ás conclusións xudiciais"
EXPEDIENTE SANCIONADOR
O BNG reclama ao Goberno, a través da súa senadora Carme da Silva, a “máxima transparencia e firmeza” no expediente sancionador aberto polo baleirado da presa das Chás (Oímbra), logo de que o executivo confirmase que a actuación de Enel Green Power España S.L. constitúe unha infracción. O procedemento, polo momento, continúa en fase de instrución.
Da Silva urxe a “facer públicas as conclusións da instrución, esclarecer con precisión o sucedido e garantir que se depuran responsabilidades con total rigor por unhas actuacións extremadamente graves do punto de vista ambiental e social”.
A nacionalista lembra que o baleirado provocou unha forte afección ecolóxica, a morte de milleiros de peixes e xerou preocupación nas zonas afectadas polo impacto na fauna, na flora e nos usos da auga. Ademais, este tivo lugar na época estival coa vaga de lumes que afectou á comarca.
O BNG considera imprescindíbel que o expediente incorpore unha avaliación completa do dano causado, así como das condicións e decisións que levaron ao baleirado, e solicita que o Goberno explique publicamente cales serán os seguintes pasos. “A transparencia é a única vía para recuperar a confianza da veciñanza e para establecer un precedente que evite novas prácticas irresponsábeis”, engade a senadora nacionalista.
“Foi unha actuación irresponsábel, sen control nin transparencia, e con consecuencias moi graves para o territorio. O Goberno debe actuar con firmeza e máxima transparencia”, conclúe Carme da Silva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES BRIGADISTAS HERIDOS
Rueda evita pronunciarse sobre el incendio de Oímbra y se remite "ás conclusións xudiciais"
BODEGAS LADARIO
Impulso a la bioeconomía con el proyecto GreenSeed
UN ABRAZO MÁS INTENSO QUE EL FUEGO
Yago Nogueira, el brigadista quemado en el incendio de Oímbra, se reencuentra con Lolo, su rescatista
Lo último