Bousés e San Cibrao, máis troula para Oímbra
ENTROIDO EN OÍMBRA
Bousés vivirá cinco días de música e merendas, mentres que San Cibrao queimará os fachós e "a parella do ano"
Oímbra pode presumir de ter varias celebracións nestas datas en varias aldeas. Ademais do Entroido oimbrao, co seu tradicional luns de adegas, Bousés volverá desfrutar de catro días de Entroido e merendas populares grazas á organización dun veciño. O sábado, 1 de marzo, os habitantes recollerán o Meco no Cruceiro e levarano polo castiñeiro. Á tarde, dende as 17,00 horas, haberá baile coa charanga Castro Bello.
O domingo 2 e o luns 3 haberá de novo baile, dende as 17,00 horas, coa charanga Bandiños Band. O martes 4 amenizará a tarde, tamén a partir das 17,00, a charanga El Tattoo, e pola noite lanzaranse fogos artificiais e terá lugar a queima do Meco.
Pola súa banda, en San Cibrao, o 3 de marzo, luns, mataran a un porco ás 17,00 horas, e posteriormente bailarán na praza das Vidreiras ao ritmo de DJ 7. O día seguinte, dende as 19,30 horas, baile coa charanga Bandiños Band e DJ 7. Asarase o porco do día anterior, que se servirá con viño entre os asistentes.
Esa mesma noite, os veciños prenderán os fachós e subirán ao monte do Outeiro para queimar as figuras da “parella do ano”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último