EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
TURISMO DE GALICIA
A menos dun mes para que Oímbra celebre a XXVIII edición da súa emblemática Feira do Pemento, o domingo 3 de agosto, a vila vén de recibir un importante pulo por parte da Xunta.
Esta celebración, que exalta o produto local por excelencia, foi beneficiaria da convocatoria do ano pasado das axudas para a promoción das Festas de Interese Turístico de Galicia, con 4.000 euros da Axencia de Turismo de Galicia, que servirán para seguir dando a coñecer esta xornada gastronómica e festiva.
O delegado territorial, Manuel Pardo, xunto coa alcaldesa, Ana María Villarino, e outros concelleiros do grupo do goberno, presentaron o cartaz da edición deste ano.
Pardo puxo ademais en valor que celebracións como a Feira do Pemento de Oímbra “impulsan un turismo auténtico e sostible” e ao mesmo tempo son “un factor de crecemento da economía que aposta polo equilibrio territorial e loite contra o despoboamento”.
O delegado lembrou que Turismo de Galicia destinou 108.000 euros ás 27 festividades de interese turístico galego de Ourense, e que a convocatoria para este ano está aberta ata o vindeiro 11 de xullo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis