EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
POLÍTICA SOCIAL
O Concello de Oímbra traballa, en colaboración coa Xunta, en mellorar os servizos públicos que presta, cunha atención que “vai dos 0 aos 100 anos”, como lembrou a alcaldesa, Ana María Villarino.
Con ese obxectivo, Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desprazouse este venres ata a localidade para anunciar unha serie de convenios neste senso.
Por unha banda, o centro de día oimbrao, que presta dende 2008 un servizo “excepcional” ás persoas maiores e dependentes do concello, así como facilita a conciliación das súas familias, recibirá un investimento da Xunta de 21.000 euros. Con esta achega remodelaranse os teitos dos andares inferiores e cambiarán as baixantes e os caleiros exteriores para mellorar a recollida da auga.
Tamén se pintarán as paredes das zonas principais e renovaranse os estores, co obxectivo de facer os espazos máis confortables. Ademais, esta achega económica permitirá adquirir novas cadeiras e televisores.
Rodríguez e Villarino tamén acordaron no encontro outro convenio por importe de 13.100 euros para dotar á piscina pública dun elevador hidráulico, co fin de axudar a tódalas aquelas persoas con mobilidade reducida que buscan desfrutar deste equipamento municipal, sen ter que depender das súas familias ou dos socorristas.
A mandataria local definiu esta dotación como “novidosa”, ao reforzar a accesibilidade dos usuarios á piscina “de xeito autónomo”.
A escola infantil, que goza dunha grande “demanda”, recibirá tamén algunhas actuacións e reposicións aínda por anunciar, grazas ao modelo de cofinanciación entre Xunta, Consorcio e os concellos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL HECHO ESTÁ DENUNCIADO
Roban una campana centenaria de 80 kilos en una iglesia de Oímbra
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis
Lo último