APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
“Volvería apagar os incendios"
Falar do incendio de Oímbra, na comarca de Monterrei, é rememorar como un incendio de sexta xeración arrasou unha comarca polos seus catro costados. Ardeu durante vinte días, avivado polo vento, a seca extrema tras máis de cen días sen precipitación ningunha de choivas, as altas temperaturas -ao ter superado os 40 graos nos cinco días previos dese agosto sufocante- e retroalimentado co combustible que proporcionaron unhas fincas dun rural cada vez máis abandonado. Días despois do accidente de Yago -aínda ardía sen control-, a investigación determinou que as faíscas que saltaron dun tractor co que un veciño da Gudiña realizaba traballos de desbroce por encargo -nunha xornada de calor e risco extremo- orixinaran dous focos nas inmediacións da parroquia da Granxa (Oímbra).
Sucedía á primeira hora da tarde do martes 12 do pasado agosto. Un antes e un despois para todos os veciños, e especialmente para os tres brigadistas feridos de gravidade tras encararse á besta, que os colleu a traizón. As chamas corrían con rumbo errático e sen un patrón predicible, xustamente un comportamento propio destes megaincendios. Activáranse os avisos, pero o asalto organizouse en simultáneo por múltiples frontes terrestres. Mentres as lapas subían cara ao lugar de Bousés ata cruzar a Portugal, outras frontes conseguían cortar a A-52, quedando Galicia completamente illada coa Meseta, posto que tamén ese fatídico día se interrompera o tráfico ferroviario e cancelado todos os trens.
Desencadeouse a tormenta perfecta e outros grandes incendios salpicados por toda a provincia de Ourense facían competencia ao de Oímbra en intensidade e preocupación; ao tempo que poñían a proba os recursos para aplacalos. Ardían Chandrexa, Maceda, Valdeorras, A Gudiña, Montederramo, Seixalbo, A Limia, Vilariño de Conso, O Reino e tamén, ese día, desaloxábase de forma preventiva a residencia de maiores na Mezquita ou confinábase un grupo de 170 menores na estación de Manzaneda.
O que atrapou aos tres brigadistas feridos foi un dos maiores incendios da historia de Galicia. Arrasou a comarca de Monterrei e atravesou moitas vidas. Yago representa a todas elas.
Podes ver aquí a entrevista a Yago Nogueira, en vídeo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APUESTA DECIDIDA
Más de un millón para mejoras en el sector turístico en Ourense
FAROLAS APAGADAS
Roban 360 metros de cable de la luz en dos aldeas de Oímbra
PLATAFORMA COMPARTIDA
El acceso a Oímbra suma una senda para peatones y bicis
OBRAS NECESARIAS
Oímbra avanza en la mejora de vías y servicios municipales
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 10 de octubre
POLÍTICA AUTONÓMICA
Rueda reclama más apoyo a los proyectos energéticos