Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
La extraña pasión de desmentir los desmentidos
DIARIOS DO PASADO
Escribindo un texto para participar no “IIº Congreso Internacional de Gestión de la Balneoterapia” organizado pola Universidade de Vigo en Ourense o pasado mes de setembro, lembraba algo que me ocorreu na década de 1990, cando comecei a traballar como arqueólogo municipal do Concello de Ourense. Inspeccionaba a zona das Burgas, porque se proxectaran unhas obras no seu entorno. Planos en man, fun comprobar como poderían afectar dende o punto de vista arqueolóxico a este lugar tan cargado de historia. Era unha mañá fría, creo que de novembro, e o bafo fumegaba en forma de vapor saíndo a través dos canos das fontes. Achegueime á de arriba, antes máis recollida, máis agarimada que agora, sobre todo despois das reformas que lles dan o aspecto actual.
Había un home de idade avanzada, seguramente un veciño desta zona antiga da cidade. Cunha meticulosa orde, lavaba parte dos brazos, do peito, a gorxa e a cara. Non quixen pecar de indiscreción e mirei a escena na distancia, sen interrompelo. Tiña un bo amigo tamén de idade que vivía na Coruña, unha persoa coñecida por moitos de vostedes e da que respectarei o anonimato, máis despois do seu pasamento. Dicía que os mellores presentes que lle podiamos levar de Ourense era unha empanada feita aquí -ás de Coruña chamáballe “pastelóns”- e unha garrafa de auga das Burgas para aliviar problemas na epidermes que padecía. Asociei as ideas cos datos dispoñibles, o que me levou interpretar a escena coa cura da enfermidade. Lembrei un artigo publicado en 1934 por Florentino Cuevillas explicando o nacemento da cidade de Ourense, escrito que dicía o seguinte das fontes das Burgas: “Aínda se di que a vea de auga quente, que alí xurde, pasa polos pes do Cristo que se venera na catedral auriense, e aínda os labregos en festas sinaladas, en especial na véspera e no día do Corpus, achéganse ao manancial fumegante e lavan nel as mans, a cabeza e a cara como se cumpriran un rito. E se lles preguntades a razón de semellante acto, responderanvos sinxelamente que o fan porque aquelo é unha cousa boa”. É máis. Na recompilación dos seus escritos no libro “Cosas de Orense”, aparece o titulado “Cuatro reumáticos de época romana”, quizais porque el mesmo a padeceu, ata o punto de case impedirlle o traballo de campo arqueolóxico unha vez chegado á cincuentena. No artigo dramatizaba as historias de Calpurnia Abana, Acloviana, Boelio Rufo e Aurelio Flavo, catro doentes que buscaban curación encomendándose ás divindades termais de Ourense, Bande e Baños de Molgas.
Era unha mañá fría, creo que de novembro, e o bafo fumegaba en forma de vapor saíndo a través dos canos das fontes.
En efecto, a arqueoloxía confirma as crenzas relixiosas que rodearon os mananciais das Burgas a través dos séculos, explicando a súas propiedades terapéuticas pola acción benfeitora dos deuses. Aí están as evidencias do culto ás Ninfas, a Revve Anabaraego, a citada lenda ourensán sobre o Santo Cristo que recollía Cuevillas ou a transformación da orixinalmente Virxe do Posío en Virxe do Carmo unha vez situada nas Burgas.
Agora creo que a escena que presenciei daquel home lavándose na Burga de Arriba era moito máis que un acto hixiénico. Era un ritual en resposta a unha hierofanía que se manifesta día a días nestas fontes na forma de auga que cura. E así será mentres alguén así o crea. En 1949 no seu “Tratado de historia de las religiones”, o gran Mircea Eliade definía “hierofania” como a manifestación do sagrado nun feito profano e cotián, o que pensei ao ver o home confortándose coa auga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
La extraña pasión de desmentir los desmentidos
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Augas sagradas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Boxer, slip, tanga o nada
Afonso Vázquez-Monxardín
Privado, público e outro cara al sol
Lo último
CENTENARIO DE LOS GRANDES VUELOS
Ourense rinde homenaje a sus héroes pioneros de la aviación
expansión empresas
La ingeniería española Oesía abre sede en Tokio