Manuel Baltar
Europeos
A realidade do actor é moi ampla, e non todo -nin sempre- son papeis e escenario. Melania Cruz di sentirse obsesionada co traballo, "son moi perfeccionista", tamén co IVE cultural, "un crime, a industria cultural hoxe está sometida, moitas compañías están desaparecendo".
A lucense Melania Cruz é actriz de teatro, nótase, na expresión, nos xestos, na forma de desenvolver certos movementos. Por momentos –a min mo parece- semella distante, como se o seu pensamento seguira atrapado no universo tráxico do "O Home almofada", de Martin McDonagh, que andan a representar; quizais pola distancia que existe entre os desexos, as cousas que estás a facer e as que che gustaría chegar; quizais a sesión -non creo-, o maxestoso Liceo Ourensán, onde hoxe toca, un fermoso escenario para ocupar unha tarde de inverno.
Melania, tamén gozosa, cando lle lembras o papel da Raxada na Esmorga, que lle acercou como actriz ao mundo do cinema, "unha oportunidade estupenda, cuns profesionais excepcionais, eu nunca fixera cine, a verdade é que che abre outras perspectivas na interpretación", comenta. Ten inoculado o veleno da interpretación, aínda que "cos anos", así o di, cada vez lle custe máis desprenderse da familia, das amizades. O teatro esixe moito, "non se pode parar, sempre hai que estar formándose".
A sesión, tranquila, amable. Melania ten un atractivo natural que sabe mostrar, expresar sen estridencias, e iso é de agradecer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Baltar
Europeos
Juan José Feijóo
Una Audiencia de moda
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Somos idiotas
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Las elecciones insuficientes
Lo último
VIDA SALUDABLE
Carballiño fomenta hábitos sanos con el Maratón Fitness
AVOGADA DAS DORES DE CABEZA
Cerdedelo, en Laza, dedica tres días de festa e culto á Virxe da Pena Tallada
ACCIÓN CULTURAL
Los jóvenes decorarán O Carballiño con murales urbanos