Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Guerra de las Malvinas
Nós, os galegos, creemos pouco e sentimos moito. Adoitamos dicir “non creo nas meigas pero habelas hainas”. É parte da nosa antropoloxía cultural.
Somos prudentes e como consecuencia desconfiados en xeral, dubidamos. Por iso din que “non se sabe se subimos ou baixamos”. Depende.
Para sentir que somos galegos compre saír da Terra, viaxar. É entón cando sentimos en fondura. Cando deixamos as cousas atrás é cando lle damos valor o idioma.
A historia dinos que nunca fomos correctamente tratados. Apenas protestamos como pobo e non rexeitamos as inxustizas con enerxía, simplemente emigramos. Por iso esmorece o noso idioma. A nosa clase dirixente, que falaba galego, foise as guerras de Granada e integrouse na corte real perdendo a lingua de seu. Outros países peninsulares non fixeron o mesmo. Co tempo vimos oportunidades na América ou na Europa. Emigramos. Xa non había marcha atrás.
O mundo volveuse pequeno e a nosa lingua triunfa na intimidade con palabras soltas. Nada supera a tenrura dunha nai que chama “meu filliño” a seu neno. Nada mellora o sentimento do namorado cando lle di a súa parella “miña rula” mirándoa aos ollos. Nada máis fondo que as palabras dun fillo doente que chama pola súa “naiciña”. Outros pobos dirán o mesmo, son sensibles a súa lingua, pero nós vemos que perdemos o galego, algo moi íntimo que vai esmorecendo. Respondemos ante esa realidade con palabras alleas e alma galega. Deberiamos considerar a posibilidade de recuperar esas palabras como “filliño, rula, nai” e tantas outras que nos fan pisar con seguridade e sentimento a terra do noso berce.
Non estou contra ningún idioma. Todos son ricos e oportunos, necesarios para comunicármonos ou coñecer o pasado. Pero si deixamos morrer as palabras e a nosa cultura, remataremos por desaparecer.
Creo que os galegos somos persoas con vocación universal, fillos da Terra e consecuencia dela. Eu nacín galego e quero morrer en galego. Así estarei máis pegado a un sentimento ancestral, a Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Guerra de las Malvinas
TENSAR EL ARCO
Me gustaría vivir más allá del "es lo que hay"
Manuel Baltar
Conectados ao futuro
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Stabat Mater Dolorosa
Lo último
Nuevas tecnologías
Las nuevas tecnologías, claves en el futuro económico de China
"GRAN PATRIOTA"
La fiscal general de EEUU, Pam Bondi, abandona el cargo