Reforma da Subestación Barbaña para a mellora da calidade do suministro eléctrico

TRIBUNA

Publicado: 06 may 2025 - 00:29 Actualizado: 06 may 2025 - 13:21
Subestación Barbaña
Subestación Barbaña

O día 14 de xuño do ano 1995 cumpríuse o centenario da estrada da luz eléctrica na capital das Burgas. Foi nesta data cando luciu por vez primeira o alumado eléctrico na nosa cidade; nembargante ata o día 10 de agosto do mesmo ano non se determinou, de xeito concreto, o número de lámpadas, a súa intensidade luminosa ademais das súas características técnicas.

Sen dúbida, certamente, naquelas datas acadouse un importante benestar para tódolos ourensáns, por mor di cual, cen anos mais tarde, a concesionaria do servizo Unión - Fenosa quixo render un público homenaxe ós pioneiros deste importante evento, ca posta en servizo da subestación eléctrica subterránea situada baixo a Alameda do Concello, grazas ó cal mellorou a calidade desta imprescindible fonte enerxética. Con tal motivo nesa data inaugurouse a subestación Barbaña ca programación de diversos actos festivos como o descubrimento, por parte do máximo rexedor municipal, acompañado de diversas autoridades, no centro dun dos parterres existentes na Alameda, un monumento en homenaxe ó “Centenario da Luz”, ca colocación dunha das turbinas que formou parte das primeira central hidroeléctricas construídas no curso río Mao, ademais dunha placa conmemorativa ca inscrición: “Como homenaxe o ideal de progreso que moveu os pioneiros desta industria e o espírito de servizo dos seus continuadores”, conxuntamente ca instalación dunha fonte ornamental que servise, a súa vez, de ventilación interior da propia subestación, ademais de servir como ornato para a cidade.

Na actualidade estase a realizar melloras da citada subestación Barbaña co que se pretende, como indica o título do presente artigo xornalístico, melloras a calidade do servizo.

A citada fonte de cascada situada na traseira baixo a Alameda do Concello actualmente atópanse nun nun laxante estado de abandono por falta de mantemento polo que, nun xesto xeneroso da entidade aproveitaríase as citadas obras para a posta a punto dun dos elementos mais orixinais con que conta a cidade, auto titulada no seu día como a mais luminosa de Galicia.

OS DATOS

Características

Estanque de pedra de l9 m. encargado de recibir a cortina de auga a modo de fervenza que cae dende unha altura de 2´6 m. O movemento continuo da auga, 2000 litros por minuto, funciona en circuíto pechado logrado mediante o impulso dunha electro - bomba horizontal de 2800 revolucións, cunha potencia de traballo de 75 Hp. funcionando a unha tensión comprendida entre 380 - 650 V. en corrente alterna.

Funcionamento

A fervenza funciona totalmente de modo automático por estar programado o seu traballo mediante un reloxo - horario que permite a conexión - desconexión a diferentes horas do día.

Construción

A posta en funcionamento desta orixinal fonte correu, no seu día, a cargo da empresa CRC., Obras e Servicios, con sede en Ordes que foi, á súa vez, a que restaurou a fonte luminosa de Buhigas, situada no fondo da Alameda.

Informante

Juan Andrés Hervella Vázquez, do libro. “Fontes Ornamentais de Ourense”da Deputación Provincial de Ourense do ano 2011.

Contenido patrocinado

stats