ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una mujer resulta herida al salirse de la vía en Os Blancos
O SABER NON OCUPA LUGAR
O saber non ocupa lugar. E iso ben o demostraron os cativos do colexio dos Blancos e do colexio rural agrupado (CRA) de Monterrei durante a Feira de Ciencia que celebraron no centro limiao. Organizada en conxunto, nela os cativos explicáronlle aos seus compañeiros principios fundamentais do mundo: dende o principio de Arquímides, pasando pola electricidade estática, as leis de Newton e incluso xogaron a ser detectives de Ph.
O evento comezou cunha pequena introdución -xa acompañada de experimentos- no patio do centro, que deu paso a un dos pratos fortes da xornada. Unha ducia de cativos -e profesores- participaron nunha representación de teatro na que xogaron coa corrente para facer sons a través de diferentes obxectos, cos que ao unísono cantaron o himno: “Como mola Eureka”, o nome que recibe o club de ciencia dos Blancos, fundando este curso.
O centro estaba decorado cos experimentos que o alumnado foi facendo durante o ano, mais no patio atopábanse diferentes postos nos que eles mesmos lles ensinaron aos compañeiros como funcionan. Xiana, Oliver ou Lara foron algúns destes cativos, que coas verbas dun erudito conseguiron achegarlle os seus coñecemos ao resto. A directora do CRA de Monterrei, María Teresa Santamaría, explicou que “para estes cativos tan pequenos aprender facendo é fundamental”, algo que o director dos Blancos, José Rodríguez, reforzou. Así, ambos docentes apuntaron aos coordinadores dos clubs de ciencia, Ángela do CRA Monterrei e Manuel do colexio de Os Blancos, como os responsables da cita.
Pola súa banda, Manuel Lamoso dixo que “non se trata só de explicar o proceso senón de facelos partícipes. Días como o de hoxe non creo que os esquezan, o que estudan no libro si, pero esto non”. Así, entre risas, ciencia e comunidade, a feira demostrou “que no rural tamén temos educación de calidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una mujer resulta herida al salirse de la vía en Os Blancos
O SABER NON OCUPA LUGAR
Estudantes dos Blancos e Monterrei, unidos pola ciencia
MUEREN VARIOS ANIMALES
Controlado un incendio en una granja de cerdos en Nocedo, Os Blancos
Lo último
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores