"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
"AULAS SEN FUME"
Preto de cen alumnos de primeiro da ESO do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia organizaron onte un acto con motivo do Día Mundial sen Tabaco, que se celebra o 31 de maio convocado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e enmarcado no programa “Aulas sen fumes” que promove a Xunta de Galicia a través das consellerías de Sanidade e Educación.
Co obxectivo de entender e explicar da súa propia man a problemática do tabaquismo, o alumnado realizou tres propostas diferentes, unha por cada clase do ciclo educativo. A primeira proposta tratouse dunha peza audiovisual, protagonizada polos propios alumnos, na que exemplificaron a forma na que eles viven esta situación: dende a presión social, o medo a non encaixar, as mentiras para poder comprar o tabaco, a ansiedade, o nerviosismo e incluso o deterioro da forma física. Ademais, estes estudantes puxeron especial atención aos cigarrillos electrónicos e a súa popularización recente.
A segunda proposta do alumnado pasou por unha actuación en vivo, nun ton máis humorístico, no que unha ducia deles se subiron ao escenario para ‘rapear’ en contra do tabaco e o fume. Finalmente, a derradeira proposta constou da lectura dun manifesto, que comezou intentando afastarse do habitual: “Este non é un discurso máis en contra do tabaco”, arrincou. Nesas liñas, os cativos reflectiron as inquedanzas e medos a dicir que non, ao rechazo e ao non formar parte do grupo, deixando claro que en casos como o do tabaco dicir non, malia que custe, é o correcto. Así, os cativos tamén visualizaron unha mensaxe da raíña de España, dona Leticia Ortiz, falando sobre a situación actual do tabaco e os cigarros electrónicos.
Ao acto asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado dos directores territoriais de Sanidade, Laura López, e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Jorge Rubén Sampedro; o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, e membros da corporación municipal. Tanto o delegado territorial coma o alcalde dedicáronlle unhas palabras ao alumnado presente, pondo o foco en como se deseñan os produtos actuais para facilitar esa dependencia e a importancia de concienciar as novas xeracións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AFIRMAN QUE ESTABA OKUPADO
Vídeo | Un incendio de gran virulencia devora en minutos un edificio completo As Caldas