"AFTER HOUR" DE OURENSE
Tres investigados por una agresión sexual grupal a una joven de 19 años en Ourense
BATEAS ECOLÓXICAS
Jimena, Alba, Ainhoa e Ángela, estudantes do Colexio Santo Ángel, están estes días triunfando na “Gran Mazá” co seu proxecto de bateas sostibles. Con esta proposta resultaron gañadoras do Campus EduCaixa 2025 -de entre outras 2.300 ideas-, celebrado en Barcelona hai un par de meses. Agora, como galardoadas, e novas axentes do cambio, puxeron rumbo a Nova York para a presentación oficial de Quitina na sede das Nacións Unidas, durante o acto Youth as Agents of Change.
No acto, as estudantes compartiron ante figuras clave do sistema das Nacións Unidas e doutras institucións globais a súa proposta innovadora para combater a contaminación mariña causada polos palillos de plástico das bateas galegas. “Hai 3.300 bateas activas en Galicia, nelas colgan entre 400 e 700 cordas de ata 12 metros, con 60.000 escarvadentes por corda, é dicir 272 millóns de escarvadentes activos”, explica Jimena Grandal, unha das estudantes. Neste senso, estas mozas ourensás propoñen unha alternativa biodegradable elaborada con cunchas de mexillóns, ostras, vieiras e algas, que aproveita refugallos da propia industria marisqueira para crear un produto funcional e ecolóxico.
Recibiron valoracións moi positivas e preguntas directas sobre a escalabilidade e o impacto ambiental da súa proposta. As bateas xa chamaron a atención cando presentaron a idea en Barcelona, xa que se trata dun elemento “moi galego”, que a día de hoxe é practicamente descoñecido para o resto do mundo, e é precisamente iso o que fai que a proposta gañe aínda máis valor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"AFTER HOUR" DE OURENSE
Tres investigados por una agresión sexual grupal a una joven de 19 años en Ourense
INICIO DEL CURSO
El Campus llega a septiembre con vacantes en siete grados
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 1 de septiembre?
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes 1 de septiembre
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Un recuerdo de aquel restaurante del Auria