Alumnos de Bos Aires visitan a Deputación de Ourense

VIAJE DE ESTUDIOS

Os estudantes do Instituto Gallego-Hispano-Argentino están percorrendo distintas zonas de Galicia

Visita do Instituto Gallego-Hispano-Argentino.
Visita do Instituto Gallego-Hispano-Argentino. | Iago Cortón

Ourense/ Unha promoción de quinto curso de educación secundaria, do Instituto Gallego-Hispano-Argentino Santiago Apóstol, está de ruta na provincia. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura da Deputación, César Fernández, recibiu aos alumnos na súa primeira parada. O grupo de 19 alumnos chegou a Galicia o pasado 6 de setembro, regresarán a Bos Aires o próximo xoves 25 de setembro.

Esta parada forma parte da súa viaxe de final de estudos, co obxectivo de coñecer en persoa moitos dos coñecementos que foron adquirindo durante as etapas escolares de primaria e secundaria. Ademais, algúns dos alumnos aproveitan a súa visita ás distintas partes da comunidade autónoma para visitar algúns dos seus familiares. “Hay algunos estudiantes que tienen raíces gallegas, sus abuelos o bisabuelos. Los domingos son los días que tienen libres y pueden ver a sus familias”, aseguran Araceli Fernández e Valeria Trota, profesoras que acompañan ao grupo. A Deputación realizou un agasallo aos mozos e o grupo do Instituto Gallego-Hispano-Argentino dedicou unhas palabras en galego de agradecemento pola visita, xunto cunha obra da artista Lara Palma pintada en tinta de algodón.

Durante a xornada de onte, ademais do Pazo Provincial, tamén visitaron outros puntos de Ourense como o Concello, a Insua dos Poetas e a Fundación Otero Pedrayo. Ademáis, os estudantes tamén destacaron as diferenzas entre a súa cidade e as zonas que están visitando.

“Me sorprende mucho el afecto de la gente, y la diferencia entre el carácter de los habitantes de las distintas provincias. La Playa de las Catedrales es muy bonita. El agua nos sorprendió, es cristalina y en Argentina estamos acostumbrados a que sea gris. Si podemos ver nuestros pies debajo del agua es realmente sorprendente”, afirma Ara, unha das alumnas.

Contenido patrocinado

stats