UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
ARGENTINO EN OURENSE
Entre os preto de 200 artistas que participan na 40 edición das Xornadas de Folclore hai historias ben distintas. Para o arxentino Agustín Cheli está sendo a primeira experiencia fora do seu país natal. “Yo nunca había salido de Argentina está siendo muy linda la experiencia, todo lo que estamos viviendo, respecto al baile, al estilo de convivencia con otros grupos”, asegura.
Cheli leva todo o verán de xira xunto ao seu grupo, o Ballet Huayra Muyoj. “Empezamos en Chipre, Turquía, estuvimos en Portugal, y ahora el último mes de nuestra gira es por España”, explica el director de la agrupación, Rodolfo Rebollo. “Mi mamá también participó en una de estas giras, gracias a ella estoy acá”, desvela el bailarín.
A tradición folclórica sempre estivo presente na súa familia, dende hai moito tempo. “A mis familiares les gusta mucho este tipo de música”, asegura Cheli, quen comezou a bailar con apenas cinco anos, aínda que entón non era o seu maior soño. “Al principio fue una obligación, pero ahora es por mi parte”, recoñece.
Aínda que viña sen expectativas concretas, tiña a testemuña da súa nai, quen lle asegurou que é unha experiencia que che cambia moito a cabeza. “No vuelves solo con nuevas experiencias, sino con la cabeza mucho más abierta de lo que sería la vida incluso”, explica este bailarín, que resalta: “Hay cosas que vives aquí, que no puedes descubrir haciendo un viaje por el interior de tu país”.
No que se refire a convivencia con outros grupos, Cheli considera que o respeto entre todos é o máis importante e asegura que lle faría especial ilusión poder aprender as danzas tradicionais de Irlanda do Norte, Ucraina, Xeorxia, Chile ou Filipinas, países dos que proveñen as outras agrupacións que participan nas Xornadas de Folclore.”Sería re lindo aprender otras cosas nuevas, siempre es bienvenido, no es malo sumar conocimientos”, indica entusiasmado.
As Xornadas de Folclore non son alleas á situación de emerxencia que atravesa a provincia nos últimos días a causa dos incendios forestais. Así, en coordinación cos concellos e baixo o principio de precaución e seguridade, a organización decidiu a cancelación de varias actuacións.
Neste sentido, o espectáculo previsto para hoxe, sábado 16, en A Rúa e o do luns, día 18, en Trives foron suspendidos. A alcaldesa desta última localidade, Patricia Domínguez, dá conta da situación de “emerxencia” e pide comprensión nestes momentos. “Parécenos o máis adecuado dada a situación que temos actualmente”, explica.
Deste xeito, na actuación prevista para mañá sábado ás 22,30 horas na Praza Maior do Carballiño actuarán os seis grupos participantes na 40 edición das Xornadas de Folclore. Neste caso, o espectáculo trasládase á Praza da Veracruz para contar con máis espazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Encrucijada política y económica en la UE
RECURSO JUDICIAL
Apetamcor recurrirá al TS la revisión de prórrogas a la AP-9
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Abono único del embuste