Alumnos de Dereito simulan xuízos apoiados en casos reais

ESTUDANTES

Estudantes durante a simulación dun dos xuízos.
Estudantes durante a simulación dun dos xuízos.

A Facultade de Dereito do Campus de Ourense puxo en marcha este curso académico un proxecto de innovación docente chamado Aula de Práctica Xurídica. Nel, entre outras accións, alumnado do centro ten a oportunidade de, a través da participación activa na escenificación dun xuízo, vivir “unha experiencia integral que conecta os seus estudos teóricos coa práctica profesional”.

Onte tivo lugar o primeiro xuízo simulado, que se enfocou como unha práctica penal e procesual e que estivo centrado nun caso de maltrato animal. Así alumnos de dereito e do mestrado da avogacía repartíronse os papeis de acusación, defensa, acusado, testemuñas e peritos e desenvolveron as súas personaxes aténdose ao que corresponde á realidade xurídica, contando co apoio do profesorado e das profesionais presentes. Coordinaron a actividade Susana Álvarez, María Dolores Fernández e Virxilio Rodríguez, docentes, e colaboraron desde o eido profesional Carmen Eiró, fiscal de Medio Ambiente de Galicia, e a xuíza Susana Conde. “O obxectivo é o desenvolvemento integral das competencias do alumnado mediante o estudo de aspectos éticos, técnicos e prácticos de casos reais, incorporando a experiencia profesional á formación práctica”, sinalan.

Contenido patrocinado

stats