OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas
UNIVERSIDADE
O vindeiro martes, 4 marzo, conmemórase o Día Mundial da Obesidade. Coincidindo con esta efeméride, o proxecto SOSFood -formado por un consorcio de 17 entidades de toda Europa lideradas todas elas pola UVigo- levará a Bruxelas o debate sobre a transformación do sistema alimentario.
Nesta cita, o catedrático Jesús Simal Gándara, membro do grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias no Campus de Ourense, será o encargado de impartir un relatorio organizado por EuroCoop, a Cooperativa Europea de Asociacións de Consumidores, que terá lugar no Comité Económico e Social Europeo.
Dentro deste proxecto traballan no uso da intelixencia artificial para deseñar un sistema alimentario seguro en resposa á crise ambiental. Así, o obxectivo dos socios é aproveitar a explotación de datos e as tecnoloxías de IA para permitir unha toma de decisións informada entre todas as partes interesadas no sistema alimentario europeo, coa vista posta en acadar unha maior produtividade, inclusión, sostibilidade e resiliencia.
Durante este evento na capital europea buscan “explorar posibles accións para mellorar a sustentabilidade dos sistemas alimentarios co apoio da IA”. Destacan que “aínda que garantir a sustentabilidade ao longo da cadea alimentaria require accións estruturadas (lexislativas e non lexislativas), no xeral recoñécese que algunhas mudanzas nos hábitos de alimentación humana poderían axudar a reducir algunhas cargas”. Por exemplo, a redución da inxestión de carne, carne procesada e produtos lácteos, que “ten un efecto positivo sobre a saúde humana, con especial referencia ás enfermidades non transmisibles, como cancros ou diabetes. Na súa intervención, Simal centrarase en “como e ata que punto a promoción dunha dieta saudábel pode ofrecer unha solución para facer fronte á saúde humana e ambiental”.
Cun financiamento de 4 millóns de euros a través do programa Horizonte Europa, o proxecto SOSFood botou a andar hai preto dun ano, en marzo de 2024, e ten unha duración total de 48 meses. Nel conflúen tanto organismos de investigación como empresas de España, Grecia, Lituania, Países Baixos, Portugal, Francia, Bélxica e Italia.
O proxecto conta con todos os actores responsables do sistema alimentario, e ten coma obxectivo o uso da analítica de datos e a Intelixencia Artificial para a mellora dos procesos de toma de decisión tanto a nivel de políticas como de xestión empresarial/industrial, produción de alimentos e compra/consumo.
Para acadar os obxectivos, dous dos principais resultados do proxecto serán un “dashboard” de decisión que permitirá monitorizar e mellorar o proceso de produción, distribución e aproveitamento/xestión de residuos e unha app para consumidores con información sobre os produtos. Este último aspecto alíñase coa compoñente social do proxecto, que aborda o problema que supón o incremento constante da poboación, dende o punto de vista da sostibilidade dos recursos e dende a xustiza social e a garantía de alimentación de calidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último