Un ano cheo actividades coas que achegarse a Otero Pedrayo

CHARLAS INFORMATIVAS

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo presentou a súa programación para 2025, que inclúe actividades culturais, educativas e de divulgación sobre o escritor e a súa figura.

Público asistente á presentación das actividades.
Público asistente á presentación das actividades. | Iago Cortón

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo presentou a que vai ser a súa programación de actividades para este ano 2025, cun acto celebrado no paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense. Neste sentido, ao longo dos vindeiros meses está previsto que se realice un contacto directo nos centros educativos, con charlas informativas sobre o Patriarca das Letras Galegas.

Ademáis, coa vista posta tamén nos máis mozos, este ano terá lugar a terceira edición do Premio Podcast Ramón Otero Pedrayo, dirixido a xóvenes de entre 15 e 25 anos e que xa está en marcha. Tamén haberá un concurso de cómics, co mesmo fin de achegarse ás novas xeracións dun xeito diferente e dende un punto de vista distinto.

Por outra banda, no “Outono oteriano”, organizaránse visitas de interese vencelladas ao universo de don Ramón coa intención de resaltar a beleza e importancia do noso patrimonio. Realizaráse tamen o Camiño de Santiago por etapas, pasando por Trasalba e seguindo os pasos da xeración Nós. Haberá exposicións de obras relacionadas con Otero Pedrayo, con artistas de renome e outros que aínda se están dando a coñecer. Coa intención de asociar a figura de don Ramón ás festas autóctonas das que sempre lle gustou formar parte, celebrarase un magosto na casa museo Otero Pedrayo. As datas para todas estas actividades iranse anunciando ao longo destes meses.

Contenido patrocinado

stats