LA NUEVA OURENSANÍA
Kelly García, la vida se va encarrilando para los que vienen de fuera
17 COLECTIVOS EN OURENSE
60 asociacións de toda Galicia movéronse durante 2024 baixo o paraugas da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). En Ourense, abranguen 17 colectivos que se ocupan de doenzas que van dende o dano cerebral ata as enfermidades de ril, ocupándose de facer máis doado o día a día dos socios. Entre os programas que desenvolve a confederación, a inserción laboral é un dos buques insignia, que logrou, con data 30 de setembro, 603 contratos firmados entre os participantes do seu programa.
Pregunta.Como evoluciona a inserción e aceptación das persoas con discapacidade en Ourensea?
Respuesta.Sería de necios non recoñecer que se ten avanzado. Ao ritmo que nos gustaría? Pois non. Despois de 30 anos de movemento asociativo, moitas das nosas reivindicacións seguen en vigor. No eido da mobilidade, todo o mundo está eufórico coa chegada do AVE. Nós tamén, pero para as persoas con mobilidade reducida só hai dúas prazas nos vagóns, e isto dificulta que poidamos movernos coas mesmas garantías que calquera outra persoa.Se falamos de accesibilidade, pasamos de loitar contra as barreiras arquitectónicas a facelo pola accesibilidade universal. Debería de ser algo que estivese interiorizado e feito para todo o mundo, porque non prexudica ninguén, non vai en contra de ninguén. E segue condicionando o día a día das persoas con discapacidade, das que temos mobilidade reducida, pero tamén doutras persoas que teñen outros tipos de discapacidade e que teñen dificultades para a súa comunicación ou para a lectura.
P.Nunha cidade como Ourense, a accesibilidade é ocabalo de batalla.
R.Creo que se debe facer un esforzo nesa liña. E para avanzar nesa dirección, faise da man das entidades de persoas con discapacidade. Nós xa sabemos que non se pode facer todo novo de golpe. Agora, o que é inaceptable para nós é que o que se fai novo non contemple a diversidade e non se faga pensando nunha sociedade que é a que temos hoxe no século XXI. As persoas con discapacidade representamos o 10% da poboación, formamos parte desta sociedade, e un país avanzado como o noso non se pode permitir prescindir da nosa capacidade, coñecemento e fortalezas. Por exemplo, igual en vez de escaleiras mecánicas estaría ben poñer un ascensor que salvase esa mesma altura, non? Cando se fan este tipo de actuacións, ás veces se executan sen ter conta ás entidades. Outro exemplo son os parques infantís, que deben de ser espazos tamén onde os nenos que teñen calquera tipo de discapacidade poidan disfrutar relacionarse cos demais. Non que haxa un parque accesible en non sei que punto da cidade e haxa que levar alí o neno. Iso non é a inclusión.
P.Como está agora mesmo a participación en Ourense?
R.Temos inscritas como demandantes de emprego preto de 2.000 persoas a 30 de setembro. Incorporáronse este ano 86 persoas novas. O noso obxectivo é orientar a persoa e darlle pois os apoios ou a formación que precise para poder atopar un traballo acorde ás capacidades que ten esa persoa para poder realizalo. Para iso contactamos con empresas. Dende o servizo de Ourense contactaron con 50 o ano pasado.
P.E cales son os sectores onde máis inserción se acada?
R.Sobre todo o sector servizos. Historicamente é no que máis emprego se atopa. O ano pasado, 200 persoas con discapacidade atoparon un emprego a través do servizo de intermediación que ten Cogami na cidade de Ourense. Facemos tamén pois programas coa Fundación “la Caixa”, con dúas liñas: unha parte que é o “Incorpora”, que vai moi dirixida pois tamén e focalizada ao emprego das persoas con discapacidade; e, por outra banda, o “Máis Emprego”, onde participan 60 persoas e 27 atoparon un traballo. O de emprego é un servizo moi moi profesional, coñecido pois tamén na cidade. Levan moitos anos picando pedra, non só na cidade, eh? En toda a provincia de Ourense. Porque o noso servizo desprázase ao Barco de Valdeorras, á Limi, a Verín… A todas as comarcas do rural.
P.Falar de discapacidade no rural é unha dificultade engadida?
R.En todos os aspectos. Sobre todo nas comunicacións, cando a persoa non ten o seu propio medio de transporte, pois seguro que ten dificultades para vir a Ourense no seu día a día. Por iso, dende a confederación a aposta é achegar os servizos ao rural. Para que as persoas con discapacidade que viven no rural cando menos teñan servizos análogos ás que viven nas cidades. De momento non é así. Vivir no rural é un hándicap. Despois, se falamos do xénero e de mulleres con discapacidade, a situación aínda é de maior dificultade. Hai que seguir investindo no rural. Por iso buscamos que, á parte de que a persoa estea como demandante de emprego, tamén ver que empresas hai nesa zona. Porque o obxectivo é atoparlle un emprego se non pode desprazarse.
P.Cal é a barreira que máis atopa unha persoa con discapacidade?
R.Sobre todo o descoñecemento, aínda que cada vez menos. Creo que nese sentido o servizo de intermediación laboral fixo e fai un traballo moi importante no seu día a día. Pero tamén é verdade que se asocia normalmente a discapacidade a unha persoa que ten que ter moitas dificultades para poder facer un traballo. Que necesariamente ten que ir nunha cadeira de rodas. E a discapacidade é tan variopinta como p é a sociedade. Hai persoas cunha discapacidade que case nin se percibe porque ten unha discapacidade orgánica, pero isto non impide que a persoa poida ter a capacidade para poder traballar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA NUEVA OURENSANÍA
Kelly García, la vida se va encarrilando para los que vienen de fuera
PRESENTACIÓN EN OURENSE
Un sacerdote amenazado de muerte en Nigeria: ”Donde queman iglesias, oficiamos bajo los árboles”
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 8 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este lunes, 8 de diciembre, en Ourense