RECONOCIMIENTO A LA TRAYECTORIA
Javier Gutiérrez, Calpurnia de Honra do OUFF: “Más que elegir papeles, ahora tengo la suerte de poder decir que no”
LUCES, CÁMARA E ACCIÓN
Fundido a negro. Música, luces e o Auditorio Municipal convertido por unha noite no primeiro escenario da 31ª edición do OUFF. A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e o produtor John Axiom puxeron son cunha mestura de tradición e vangarda ao arranque dunha gala chea de emoción, bo humor, reivindicación e ganas de celebrar o audiovisual.
O comunicador e humorista Rafa Durán conduciu unha cerimonia que contou, por primeira vez, con interpretación en lingua de signos en directo. Entre intervencións e recoñecementos, a organización aproveitou tamén para dar a coñecer algúns dos grandes momentos desta edición dun xeito ameno. Un xogo de preguntas permitiu descubrir algunhas das citas máis destacadas destes días, entre elas a presenza no programa de “Fjord”, Palma de Ouro no Festival de Cannes, ou a estrea de “Kiro” na sección Panorama Galicia.
Óscar Doviso, director artístico do festival, protagonizou tamén algúns dos momentos máis divertidos da gala antes de poñerse serio no seu discurso. “O OUFF ten futuro”, proclamou. Doviso defendeu que o festival debe ir máis alá das proxeccións: “Non queremos que sexa un lugar onde só se vexan películas, senón un lugar onde ocorren cousas”. Tamén lembrou que son xa 31 edicións proxectando cine en Ourense e, ao mesmo tempo, 31 anos da cidade “proxectándose a través do cine”.
A emoción chegou coa entrega do Premio Chano Piñeiro a José Manuel Lorenzo, que recibiu o galardón de mans dos actores Lucía Veiga e Daniel Grao. “Este recoñecemento devólveme unha identidade en Galicia que me arrebatou irme a Madrid”, afirmou o produtor, recentemente nomeado aos Emmy por “Anatomía de un instante”.
O pontevedrés lembrou os directores Agustín Díaz Yanes e Alberto Rodríguez, pero o momento máis íntimo chegou ao dedicarlle o premio á súa familia e, especialmente, ao seu pai, xa falecido. Lorenzo non puido conter as bágoas antes de abandonar o escenario visiblemente emocionado.
Poucos minutos despois, a actriz Uxía Blanco subiu ao escenario para recoller de Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia, o premio honorífico da fundación. Foi un dos instantes máis cálidos da noite, cun prolongado aplauso do público. “Estou francamente emocionada xa polo feito de que un premio se chamara Chano Piñeiro”, confesou antes de lamentar que “aínda se fai pouco cine e series na nosa lingua”. A súa despedida foi toda unha proclama: “Longa vida ao cine e ao audiovisual galego”.
A música regresou da man de Guille Galván. O guitarrista e compositor presentou parte de “Nadie con ese nombre vive aquí”, o seu primeiro disco en solitario, e aproveitou a súa intervención para reivindicar o dereito á vivenda, introducindo unha nota social nunha celebración que non quixo quedar só na festa.
O gran peche da gala quedou reservado para Javier Gutiérrez. A actriz galega María Vázquez entregoulle a Calpurnia de Honra, obra do escultor Buciños, e centos de persoas puxéronse en pé para recibir ao actor, gañador de dous premios Goya ao mellor actor protagonista. Gutiérrez lembrou que este fora “un ano moi tráxico e moi penoso para a profesión” e dedicou o recoñecemento a varios compañeiros desaparecidos recentemente, entre eles Manolo Solo, Francesc Garrido, Adolfo Fernández e Miquel Insua.
Outro fundido a negro. Desta vez, para deixar paso á película inaugural, “Las ciegas hormigas”. O OUFF xa estaba en marcha e seguirá ofrecendo cinema ata o 4 de outubro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECONOCIMIENTO A LA TRAYECTORIA
Javier Gutiérrez, Calpurnia de Honra do OUFF: “Más que elegir papeles, ahora tengo la suerte de poder decir que no”
LUCES, CÁMARA E ACCIÓN
Arranca a 31 edición do OUFF cunha gala musical, humor e moito cine
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 26 de septiembre
DECLARACIONES PRE PARTIDO
Moncho López, entrenador del COB: “Hay que manejar los nervios de debutar en casa”