Barbadás inviste co fin de atraer máis poboación
Máis de 140.000 euros para o Parque Lucinda e a pista de Santa Uxía
Barbadás vén de aprobar dúas actuacións para a mellora de espazos públicos no municipio, cun investimento conxunto que supera os 140.000 euros. A primeira das obras será a reforma, recuperación e rehabilitación do Parque Lucinda, en Fonsillón, un espazo de lecer que na actualidade se atopa en situación de abandono e que será transformado para o uso da veciñanza. O orzamento desta actuación ascende a 68.970 euros e xa está adxudicada á empresa Construcciones Viso e Hijos.
“No nivel superior habilitarase unha cancha deportiva, na zona intermedia disporase unha área de xogos infantís e na parte máis baixa situarase un merendeiro con mesas e bancos de granito”, explicou o alcalde da localidade, Xosé Carlos Valcárcel. O rexedor destacou tamén que Fonsillón é unha zona en expansión, con vivendas unifamiliares e situada moi preto de Ourense, polo que resulta estratéxico dotar á veciñanza de novos espazos de lecer e convivencia.
A segunda das intervencións aprobadas será a rexeneración do firme da pista de Santa Uxía, na parroquia de San Lourenzo de Piñor, cun investimento de 72.003,72 euros, obra que foi adxudicada á empresa Obras e Saneamentos Galicia. A actuación centrarase no acceso desde Ourense, un dos dous que conectan con esta localidade situada no entorno de Reza e do río Miño. Valcárcel subliñou que o obxectivo desta actuación é revitalizar unha zona na que na actualidade hai pouca poboación, para así “favorecer o asentamento de novos veciños, aproveitando a súa proximidade á cidade de Ourense”.
Ámbalas intervencións están incluídas no Plan de Obras do Concello de Barbadás que contempla un investimento total de 1,1 millóns de euros para este 2025 para as 35 obras previstas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECONOCIMIENTO A LA TRAYECTORIA
Javier Gutiérrez, Calpurnia de Honra do OUFF: “Más que elegir papeles, ahora tengo la suerte de poder decir que no”
LUCES, CÁMARA E ACCIÓN
Arranca a 31 edición do OUFF cunha gala musical, humor e moito cine
Lo último
PLAN DE CHOQUE ECONÓMICO
El PP exige al Gobierno IVA al 0% para el pescado y más ayudas al gasóleo
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición
RECLAMAN PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
La Policía defiende su actuación en el desahucio de Maricarmen: "Nos limitamos a cumplir una orden judicial"