Bernardo Varela, do BNG de Ourense para o Senado: “Os cidadáns agardan dun candidato que mellore a súa calidade de vida”

TRAXECTORIA POLÍTICA

O político Bernardo Varela aspira a dar el salto al Senado tras 25 años vinculado a Allariz, donde reivindica la gestión municipal del BNG y defiende el potencial industrial de Ourense ligado a sus recursos energéticos, convencido de que pueden disputar un escaño al PP.

O candidato do BNG de Ourense Bernardo Varela.
O candidato do BNG de Ourense Bernardo Varela. | José Paz

Pasaron 25 anos dende que Bernardo Varela trocou o seu Lugo natal por Allariz, onde comezou a súa traxectoria política, e onde segue exercendo como tenente de alcaldesa. O 29 de novembro, tentará chegar ó Senado español como cabeza de lista do BNG á cámara alta, onde espera trasladar “a boa xestión que fixemos en Allariz”.

Pregunta. Lembra como foi a súa primeira campaña política?

Respuesta. Lembro que culminou en plena Festa do Boi de Allariz. Meu predecesor marchara do cargo sen avisar á brigada de limpeza, e tiven que comezar a chamar dende as sete da mañá a un montón de xente que non coñecía. Era moi novo daquela.

P. E como está discurrindo a presente?

R. Emocioneime moito no acto que tivemos en Allariz. Á parte de que veu moitísima xente, trasladouse unha cercanía, un agarimo cara á candidatura, pero tamén cara a min, que desde logo non pode deixar de facer que sigas a traballar por este proxecto porque merece a pena.

R. O certo é que a relación coas persoas é fundamental, porque ó final dende este eido non deixas de traballar para persoas, para cidadáns que dalgunha forma agardan que ti fagas algo para mellorar a súa calidade de vida.

P. Cal é a fotografía que ve Bernardo Varela de Ourense?

R. Unha provincia con moita esperanza, con grandes potencialidades, pero que leva moitas décadas clavada, sen avanzar o suficiente, sen aproveitar todo ese potencial. Por exemplo, somos a maior produtora de enerxía eléctrica procedente de centrais hidráulicas de todo o Estado español, e diso só aproveitamos unha quinta parte en Ourense.

R. Dende logo teríamos que ser capaces de captar moitísima máis industria que aproveitara esa potencialidade. E despois, que esa potencialidade que temos non só nos deixe aquí os encoros e os problemas, senón que tamén nos deixe beneficios.

P. Todo indica un resultado axustado. Védelo así no BNG?

R. Vemos máis posible chegar ó Parlamento, estamos disputándolle un deputado ó PP, segundo todas as enquisas.

Contenido patrocinado

stats