OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas
UNIVERSIDAD
O equipo Aerolab, da Universidade de Vigo, lidera un novo proxecto europeo que ten como obxectivo transformar a construción e a rehabilitación de edificios mediante robótica avanzada, automatización e dixitalización. A iniciativa conta coa participación de 14 entidades -tando públicas como privadas- de oito países, está financiada pola UE con case catro millóns de euros.
Baixo o título “Robotic, automated and digital solutions for improving building renovation and new construction efficiency” -Radiance-, o proxecto ten unha duración de catro anos, arrancando o pasado mes de setembro e prolongándose ata finais de agosto de 2029.
O coordinador de Radiance, o profesor da UVigo Higinio González, subliña que “este proxecto supón un fito para Aerolab, para o Ifcae e para o campus de Ourense porque é a primeira vez ha historia do noso campus no que se lidera un proxecto europeo no ámbito da robótica”, indica. O financiamento acadado, engade, permitiralle desenvolver liñas de investigación relacionadas coa robótica aérea.
O proxecto busca “transformar a construción e a rehabilitación mediante a integración de robótica avanzada, automatización e dixitalización, establecendo un novo estándar de fluxos de traballo que melloren a seguridade, eficiencia e sostibilidade, á vez que reduzan custos, erros, tempos e impactos ambientais”. Os resultado probaranse en Noruega, Polonia e España que abarcan diferentes tipoloxías de edificios en canto a materiais e usos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último