El Campus de Ourense ofrecerá dous novos másters: vehículos autónomos e traballo social
UNIVERSIDADE DE VIGO
En trámite dous másters máis para o Campus no 2026/2027. O Consello de Goberno da UVigo dá luz verde aos másters en Vehículos autónomos e Traballo Social
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou onte a proposta de novas titulacións para o curso 2026/2027, dúas delas no Campus de Ourense: o máster en Traballo Social, que será virtual pero coordinado desde Ourense; e o novidoso máster en Vehículos autónomos, que será compartido pola escola ourensá de Aeronáutica con Vigo. Agora, estas propostas serán remitidas para a súa aprobación á Consellería de Educación.
En total, o Consello de Goberno da UVigo propuxo catro novos títulos de mestrado. Por unha banda, o Máster en en xeomática avanzada e intelixencia xeoespacial, adscrito á Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra.
Por outra banda, estrearase o Máster en traballo social no ámbito sanitario, vinculado á Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense, de carácter virtual e compartido con outras sete universidades españolas, que ofrecerá 8 prazas na UVigo.
Ademais, e o máis novidoso, Ourense acollerá o Máster en vehículos autónomos, adscrito á Escola de Enxeñería Industrial, pero que terá tamén docencia na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo ourensá. Neste caso, será un modelo híbrido presencial e virtual, que ofrece 8 prazas na UVigo, e outra tantas na USC e na Universidade da Coruña.
Xa por último, aprobouse o mestrado de Química teórica e modelización computacional, adscrito á Facultade de Química en Vigo.
O Consello de Goberno aprobou tamén a tramitación dunha nova proposta de títulos de grao: Enxeñaría de Tecnoloxías Navais para a Defensa, que se impartirá no Centro Universitario da Defensa.
Así mesmo,aprobouse por asentimento a modificación substancial do grao Relacións Internacionais, que Ourense comparte con Ferrol, para pasar no curso 26/27 dun grupo compartido de 45 prazas a dous grupos de 30 prazas cada un, dada a boa acollida destes estudos.
A UVigo suma á súa oferta a Ciberintelixencia
Durante a sesión aprobouse tamén a posta en marcha de dous novos mestrados de formación permanente -complementarios á oferta oficial de másters da UVigo – para o curso 2025/2026: Ciberintelixencia e ciberoperacións en sectores estratéxicos para a seguridade nacional e Enfermaría de práctica avanzada en urxencias e coidados intensivos.
O primero deles está irixido a formar a unha nova xeración de profesionais capaces de afrontar os desafíos do ciberespazo e garantir a seguridade e defensa en sectores estratéxicos, en colaboración coa multinacional española Indra.No caso do de Enfermaría de Práctica Avanzada en Urxencias e Coidados Intensivos realizarase en colaboración co Hospital Ribera-Povisa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rexurbe: una factura de 41 millones para el Casco Vello
HACÍAN DE INTERMEDIARIOS
Seis meses de cárcel por recibir en la cuenta dinero fraudulento en Ourense
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros