UNA DE LAS MAYORES MOVILIZACIONES
Los tractoristas abandonan la N-120 en Ourense tras seis días cortando la carretera
XLIV PREMIO DE NOVELA
Cecilia Fernández Santomé (Vilalba, Lugo). logrou o pasado luns o XLIV Premio de Novela Blanco-Amor, que auspicia a Deputación Provincial de Ourense. Trátase dun galardón lexitimador en todo o ámbito das letras galegas, concedido por un xurado que destacou a consolidación dunha voz “culta, irónica e introspectiva”. Dende este diario tivemos a agradable ocasión de conversar coa novelista.
Pregunta. A partir de que experiencias nace Boundaries Road SW12 8HD?
Respuesta. A xénese desta novela é un sentimento de desconformidade respecto á miña primeira novela. E supoño que ten algo de enmenda ou de recuperación desa primeira materia narrativa para, cos anos de experiencia e de madurez literaria, darlle un novo xiro, levala a outro nivel. Entón, con esa intención empecei a urdir esta outra novela, unha novela moito máis complexa a nivel técnico, dividida en dúas partes diferenciadas. Hai unha trama máis ou menos costumista, unha trama máis convencional, en torno ás experiencias dunha moza tradutora en Londres e as vivencias un tanto desestabilizadoras que ten na vivenda que comparte cunha parella.
P. Dende o punto de vista xeracional, como e con que se identifica vostede?
R. Digamos que xeracionalmente pertenzo o grupo máis novo de literatos en lingua galega. Simplemente creo que é importante ser consciente das tendencias, do que se está facendo máis aló das nosas fronteiras. Por iso é crucial ser, antes que escritora, lectora, e a través desa conciencia, desa análise, de integrarnos en algo máis aló das fronteiras físicas máis próximas. Tamén nace unha certa curiosidade, unha vontade de experimentar, de forzar quizais determinadas inercias do noso campo literario e algo diso hai nesta novela.
P. Séntese cómoda no ámbito da transgresión?
R. Hai unha vontade de experimentación, pero en realidade non pensando no resultado que esa vontade pode ter dentro do campo literario galego, senón respecto á miña propia traxectoria. Creo que despois de tres novelas moi diversas, pero ao mesmo tempo moi recoñecibles en canto a temática e estilo, esta cuarta pedía un xiro, quizais unha reorientación, ser unha especie de laboratorio de formas que acompañe tamén o meu crecemento como escritora.
P. Que escritores ou escritoras influíron a súa cosmovisión narrativa e literaria?
R. Pois en función da fase vital e lectora, podería mencionar a uns e a outros. Nos últimos tempos lin moito a autores consagrados como Enrique Vila-Matas ou Bioy Casares. Estou pensando tamén en Catherine Lacey e Sol del Valle, que levan a novela a outra dimensión. E interésame especialmente esa tendencia narrativa contemporánea a tratar a materia narrativa como algo desprexuizado, algo flexible, algo moi elástico.
P. Como viviu vostede portas adentro, o proceso de escritura de Boundaries Road SW12 8HD?
R. Son escritora de costumes e para poder traballar cómoda necesito o meu espazo rutineiro. Teño unha mesa que nin sequera é un escritorio propiamente dito. Escribín moito na mesa da miña cociña, como tantas outras persoas. E escribo en xeral dunha maneira pouco ortodoxa. Non son de horarios fixos, pero con esta novela si tiven a posibilidade de dedicarlle máis tempo e máis enerxía. E iso sen dúbida favoreceu moitísimo o resultado, porque é unha novela moi profunda, moi expandida, moi traballada.
P. A que desafíos se enfronta vostede como escritora na súa lingua materna, de cara a un mercado literario basicamente saturado por grandes editoriais?
R. O que pasa é que eu, pola decisión lingüística que tomei, polo simple feito de escribir na miña lingua materna que é o galego, non me sinto realmente constrinxida por esas dinámicas macroeconómicas de grandes conglomerados editoriais, porque non é aí onde eu desenvolvo a miña presenza editorial. Confío profundamente na editorial coa que traballei nas miñas tres primeiras novelas. Estamos desenvolvendo un camiño xuntos, e é aí onde realmente, a curto prazo me movo. Sen descartar, evidentemente, a posibilidade sempre gozosa de verme traducida a outros idiomas. Na primavera sairá a tradución da miña anterior novela, As Despedidas, en castelán, e é algo que me fai moitísima ilusión. Pero, de tódolos xeitos, tendo a analizar o meu marco en termos máis de industria editorial galega.
P. Que visión ten vostede sobre o auxe das intelixencias artificiais enfocadas no ámbito artístico-literario?
R. No terreo creativo, agora mesmo véxome como unha militante acérrima da creatividade humana. Ata que se demostre o contrario, a profundidade, a capacidade da escritura dunha persoa non será desprazada polo que poida ofrecernos unha intelixencia artificial, sempre e cando esa escritura humana estea levada á súa máxima expresión, sexa rica, sexa consciente, sexa traballada.
P. Se a vostede lle fose dada a posibilidade de madriñar a alguén moi novo que puidera considerarse un diamante en bruto no ámbito da novela, como exercería ese madriñado?
R. Da mesma forma que eu sempre agradecín esa xenerosidade doutras persoas, procuro practicala. Por exemplo, como achegarse a unha editorial, como realizar determinados procesos, e bueno, sempre as miñas canles están abertas para que quen precise unha resposta, se sinta libre de acudir a min. E, en termos estritamente literarios, o mellor que podería facer é actuar lendo e corrixindo, orientando na medida do posible a esa escrita que nace. Trataríase de facer polos outros o que xa fixeron por min.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA DE LAS MAYORES MOVILIZACIONES
Los tractoristas abandonan la N-120 en Ourense tras seis días cortando la carretera
DESTROZOS DE MADRUGADA
Dos detenidos por robar en coches aparcados con alcantarillas en A Ponte
Lo último
NEVADAS EN LA PROVINCIA
Galería | La borrasca Ingrid y la nieve pintan de blanco la provincia de Ourense