O CHUO agrupa a sala de extraccións nunha unidade
CAMBIOS NO HOSPITAL
O novo espazo entrou onte en funcionamento no edificio de Santa María Nai con seis boxes
A nova Unidade de Extraccións de mostras para análises clínicas do Hospital Universitario de Ourense entrou onte en funcionamento, no edificio Santa María Nai, permitindo integrar definitivamente as dúas áreas de extraccións, que ata agora estaban divididas entre os edificios Cristal e Nai. Este espazo do Hospital Universitario de Ourense recibe diariamente a máis de 280 pacientes repartidos nas diferentes axendas, cun horario de 8:00 a 15:00 horas.
Esta unidade renovada está ubicada no soto do Santa María Nai, dentro dunha área de consultas que tamén foi totalmente reformada cunha superficie total de actuación de 620 metros cadrados dos que 350 deles corresponden a propia obra da sala de extraccións.
Acceso
O acceso ao novo dispositivo realízase directamente desde a beirarrúa, polo lateral principal do centro sanitario a través dunha zona ampla e accesible que permite a circulación funcional de pacientes cun circuíto rápido e áxil sen ter que entrar no edificio do hospital. Esta nova entrada da paso a un corredor principal totalmente reformado con salas de espera e aseos adaptados que dan paso tanto á nova sala de extraccións como ao resto das áreas de consultas e probas radiolóxicas do Santa María Nai.
A nova sala de extraccións distribúese nunha ampla sala de espera con aseos adaptados, unha zona administrativa con mostrador de admisión para a atención aos usuarios, unha zona para a recollida de mostras, seis postos de extracción, dous de toma de mostras especiais e unha sala para pediatría. Así mesmo, a Unidade de Extraccións intégrase no sistema de xestión de quendas, que permitirá mellorar a accesibilidade e axilizar a circulación de usuarios por esta zona do centro sanitario. Desta maneira, cando o paciente chega ao mostrador de admisión da unidade se lle outorgará unha quenda cun número que aparecerá nun panel luminoso situado na sala de espera para posteriormente acceder ao box asignado.
Tamén o circuíto de envío das mostras cara as instalacións do Laboratorio Central será rápido e sinxelo dado que este servizo atópase a escasa distancia física da zona de extraccións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
Lo último
Jorge Vázquez
SENDA 001
Dejar de mirar el reloj para empezar a mirar el horizonte
ELECCIONES EN EXTREMADURA
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
40 AÑOS DE LA ADHESIÓN A LA UE
España y Portugal, un camino común
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
Ahora que vamos a entrar en el invierno astronómico