QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
PARQUE DE ATRACCIÓNS
O parque de atraccións Pazolandia afronta os últimos días de apertura. O último día será o domingo de xaneiro. Como en anos anteriores a cifra de asistentes vai aumentando a medida que pasan os días.
Mañá 3 de xaneiro, pola mañá, celebrarase unha sesión específica de Pazolandia Inclusiva sen ruído ambiental, dirixida especialmente a nenos e nenas con TEA. Como medidas complementarias, o parque ofrecerá pulseiras identificativas que permitirán evitar colas a menores con TEA ou necesidades especiais, así como auriculares illantes de ruído para nenos e nenas con hipersensibilidade auditiva. Ambos recursos estarán dispoñibles no stand de información.
Entre as principais incorporacións desta edición destaca o King Joker (Cárcere), unha espectacular atracción equipada cun sistema de cinco gaiolas que alcanza os 18 metros de altura con movemento circular. Para conmemorar as tres décadas do parque, créase tamén un mural único de LEGO construído con máis de 56.000 pezas, que se converte nunha das grandes atraccións visuais desta edición aniversario.
A oferta de ocio amplíase cun circuíto de coches tolos eléctricos, dotados de rodas traseiras deslizantes que permiten realizar derrapes controlados, e un labirinto infantil de Halloween, especialmente adaptado para que os máis pequenos teñan a súa primeira experiencia nun espazo temático de carácter lúdico-terrorífico.
O parque incorpora varios espazos específicos. Establécese unha zona de calma para nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) que precisen un ambiente tranquilo, unha zona de lactancia e unha zona preinfantil con xogos de construción e xoguetes adaptados ás idades máis temperás.
A proposta lúdica complétase con obradoiros sensoriais como “Xogo de fíos”, unha actividade creativa e inclusiva que promove o tacto, a imaxinación e o reconecemento das diferentes capacidades das persoas. En todas as sesións realizaranse tamén sorteos entre os asistentes.
Pazolandia contará cun completo dispositivo de atención médica, seguridade e emerxencias, coa presenza de servizos sanitarios, forzas de seguridade, bombeiros e Cruz Vermella para garantir o benestar de todas as persoas asistentes.
Nesta edición está confirmada a participación de 62 concellos da provincia, previéndose que a cifra chegue aos 65, o que reafirma o parque como un espazo de encontro para as familias de todo o territorio provincial.
O parque abrirá hoxe e os días 3 e 4 de xaneiro e funcionará en xornada de mañá (11:00 a 14:00 horas) e tarde (17:00 a 20:00 horas). O prezo das entradas é de cinco euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
NEGOCIO EN PLENO FUNCIONAMIENTO
Las hamburguesas de la Estación de Loman en Ourense piden relevo tras casi 15 años: "Queremos cambiar de vida"
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos