A creatividade dase cita na escola de arte e deseño da cidade
ANTONIO FAÍLDE
Andrea García, deseñadora de interiores, e Paula Sanchoyerto, fotógrafa, foron as galardoadas por facer os seus TFE en galego
A Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde iniciou onte as súas cuartas xornadas CREA, que terán lugar ata o vindeiro xoves, día 3. Trátase dun evento que pretende visibilizar as actividades e a oferta formativa da EASD na súa contorna social, cultural e produtiva, ofrecendo interesantes conferencias de prestixiosos profesionais das artes aplicadas e do deseño, así como a posta en valor dos proxectos do seu alumnado egresado.
A deseñadora tipográfica Laura Meseguer, gañadora -entre outros- do premio Type Directors Club de Nova York foi a encargada de iniciar as charlas que se levarán a cabo estos días. Nelas falarase de deseño gráfico, de interiores, ebanisteria, fotografía e ilustración. Antes ada charla, presentouse Nimia, o anuario 2024 da EASD Antonio Faílde na que se recopilaron as actividades feitas no centro.
Por outra banda, estas xornadas serviron de escenario para facer entrega dos Premios de Dinamización da Lingua Galega 2024 a proxectos finais do alumnado. Andrea García, deseñadora de interiores, e Paula Sanchoyerto, fotógrafa, foron as galardoadas por facer os seus TFE en galego. Ambas celebran “con orgullo” este recoñecemento e animan aos estudantes a empregar o “idioma da nosa terra”. As actividades continuarán os vindeiros días.
Hoxe a cineasta Mercedes Álvarez e a ilustradora Sonia Pulido contarán a súa experiencia como gañadoras de premios nacionais e internacionais. O xoves, será o turno da arquitecta e deseñadora de interiores Laura Ortín e o deseñador de produto Ismael Velo, premio ao talento emerxente na IV edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 35 GRADOS DE MEDIA
Julio, récord histórico de mes más caluroso de la ciudad de Ourense
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565
OURENSE AFRONTA LOS RECORTES
Jácome admite el fiasco de su envite con el presupuesto
Lo último
NEGOCIACIÓN DE 2027
Trabajo descarta una subida extraordinaria del SMI este año
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla