ESCULTURAS A BASE DE BARRO
El Colegio Oficial de Agrónomos celebra su patrón con arte
VECIÑA DE A PONTE
Crisanta Carnero naceu o 5 de febreiro de 1925, e onte -cen anos despois- celebrou o seu aniversario no centro de día A Ponte, na compañía de quen xa considera “amigos e familia”.
Nada en Xunqueira de Ambía, chegou á cidade de Ourense nos anos 70, na procura dunha nova vida. “Nós tiñamos unha tenda na aldea e ao principio estabamos moi ben, pero volvían uns de Suíza e montaban un comercio, volvían outros e abrían un máis, e así non podía ser”, recorda duns anos nos que a única saída era “traballar e traballar”.
É Crisanta a primeira que pode chamarse centenaria da súa familia, e recibe este adxectivo “contentísima”. Aínda que, como asegura Karina, unha das súas coidadoras no centro de día, ela “é moi coqueta”. Tanto, que “prefire non dicir a ninguén a súa idade”.
“Beber moita auga e comer o que se queira. Eu nunca probei nin unha gota de alcohol, nin unha copa de licor café. ”
Idade á que xa quererían chegar moitos, e máis en tan bo estado de saúde como o de Crisanta. O segredo? “Non o sabe ninguén, nin sequera eu”. Só ten claro que nunca probou unha soa gota de alcohol, e pode que sexa iso o verdadeiro truco. “Nin unha copa de licor café, nunca tomei nada. Se virades os borrachos que vin eu na tenda… Xa me chegaba con iso”, asegura a centenaria entre risas. Iso si, o que non pode faltar no seu día a día é “beber moita auga e comer o que se queira”.
Unha vida plena que a leva agora a vivir co seu neto, co que pasa agora moito tempo e polo que mostra un gran cariño. “Como eu quedaba soa e el tamén, pois veu el comigo e eu con el”. Soidade é o último que sente Crisanta, que pasa o día pintando, facendo bromas e cunha cita semanal que non se pode perder: o salón de peiteado. “Ten que ir todas as semanas, vén buscala o neto para levala”, contan dende A Ponte, onde só hai palabras de agarimo para ela: “é súper autónoma e moi alegre”.
Cen anos de vida e cun único desexo: “Vivir moito máis, o que se poida”. Porque sente unha vitalidade que a leva a dar longos paseos pola cidade que xa sente como súa e da que non quere marchar. “Non volvería á aldea porque estou moito mellor aquí”. Agradecida cos recordos que ten gardados con seguro na súa memoria, non ten dúbida Crisanta en que “se non o teño todo, para min chega de sobra o que hai”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESCULTURAS A BASE DE BARRO
El Colegio Oficial de Agrónomos celebra su patrón con arte
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense
RECONOCIMIENTO A UNA TRAYECTORIA
Los Suaves, distinguidos el Premio Honorífico de los XIII Premios Martín Códax de la Música
Lo último
IMPULSOR DOS MAIOS
Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tren tecnológico