TRAUMATOLOGÍA DE ÉLITE
El doctor ourensano Manuel Leyes Vence, Premio Victoriano Reinoso 2026
PUENTE DE CONEXIÓN
A música e o baile son dous compoñentes fundamentais da identidade galega, non só dentro da propia xeografía da comunidade autónoma, senón que tamén teñen contribuído a consolidar esa mesma identidade ó longo da historia a través dos cinco continentes. Como escenario, os centros galegos teñen sido o epicentro de conservación dun pobo emigrante que perdura de xeración en xeración.
Proba desta conservación é o programa Escolas Abertas, impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Secretaría Xeral da Emigración. Trátase dunha ponte de conexión entre Galicia e a diáspora que permite seguir preservando, transmitindo e difundindo a cultura e tradicións galegas. Un total de 44 alumnos e alumnas procedentes de 11 países de América e Europa, participaron na edición deste ano. Dende Arxentina, Uruguay, Cuba, Brasil, Venezuela, México, Chile, Costa Rica, Alemania, Estados Unidos e outros puntos da xeografía española proceden os mozos e mozas que onte participaron na gala de clausura desta iniciativa que leva formado xa a máis de 2.000 persoas dende os seus inicios.
Todos eles son persoas que imparten clases de baile, música e cultura galegas nos centros galegos do exterior. O pasado día 4 deste mes chegaron a Galicia para convertérense en alumnos recibindo formación especializada e cualificada nos ámbitos técnico e didáctico nas modalidades de baile tradicional, canto popular, pandeireta, confección de traxes tradicionais, gaita e percusión.
Pero o programa Escolas Abertas non é meramente formativo, senón que constitúe tamén para os participantes unha oportunidade de coñecer a outros galegos da diáspora, compartir experiencias nestes días de convivencia e fraguar lazos de irmandade.
Tras recibir os diplomas acreditativos durante a mañá no Centro Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela, pola tarde trasladáronse a Ribadavia para participar no acto de clausura, que estivo presidido polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, eloxiando o traballo realizado tanto polos participantes como polos seus formadores, todos eles profesionais de recoñecida traxectoria en Galicia. O evento constituíu un éxito rotundo de celebración da música, a danza e as tradicións.
Alí, Antonio Rodríguez Miranda destacou a importancia deste programa para a promoción e preservación da cultura galega, tanto dentro como fóra das fronteiras galegas. “A entrega e a paixón que estes participantes amosan pola nosa cultura é un claro exemplo de como se pode manter viva a esencia galega en calquer parte do mundo”, afirmou.
Deste xeito, os alumnos tiveron ocasión de amosarlle ó público todo o que aprenderon nestes máis de dez días de formación nos cursos de especialización. Ademais das actuacións de música e baile, os asistentes puideron comprobar o traballo realizado cun desfile cos traxes tradicionais confeccionados durante os obradoiros e serviron para resaltar a diversidade e a riqueza da cultura galega, promovendo a súa transmisión de xeración en xeración.
Un ano máis, a gala de clausura do programa Escolas Abertas serviu para reafirmar a importancia desta iniciativa como ferramenta de formación especializada para as entidades galegas do Exterior, fortalecendo os vínculos culturais entre Galicia e as súas comunidades dispersas polo mundo.
Ribadavia converteuse nun escenario da cultura galega, que seguirá traspasando fronteiras da man do compromiso e dedicación dos participantes do programa Aulas Abertas.
O programa Aulas Abertas é unha das múltiples iniciativas que a Secretaría Xeral da Emigración desenvolve para apoiar ós galegos do exterior. Durante a entrega de diplomas, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José López, sinalou a importancia da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, que promove programas dirixidos á integración sociolaboral daqueles que decidan retornar á comunidade, ben como emprendedores ou como traballadores. Neste sentido, sinalou que esta planificación é posible grazas ao traballo do goberno galego para manter os lazos cos galegos no exterior. Este esforzo, especificou, inclúe o fortalecemento de programas como as Escolas Abertas.
Outro programa destacado polo conselleiro é Retorna Califica Emprego, que ofrece empregos de calidade cos que volver a Galicia, complementados con formación e axudas para establecerse. Tamén se referiu, entre outras iniciativas, ás Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior para fomentar o retorno de mozos altamente cualificados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRAUMATOLOGÍA DE ÉLITE
El doctor ourensano Manuel Leyes Vence, Premio Victoriano Reinoso 2026
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios
COLABORACIÓN CIUDADANA
Localizan al menor de 13 años desaparecido en Ourense
Lo último