OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas
DIA MUNDIAL CONTRA O SIDA
Ourense conmemora na xornada do 1 de decembro, o Día Mundial de Loita contra a Sida iluminando de vermello espazos emblemáticos como a Ponte Vella, a fonte de Concepción Arenal e a Subdelegación do Goberno. A xornada complétase no ámbito educativo cun panel no campus universitario, onde o estudantado poderá denunciar situacións de estigma sufridas ou presenciadas , mentres as redes sociais difundirán vídeos centrados na prevención e a solidariedade.
Máis aló desta data, o Comité Cidadán Anti Sida de Ourense mantén o seu labor diario tras máis de tres décadas de servizo. No seu local da rúa Coenga poden atoparse programas como “Calor e Café”, que ofrece alimento e refuxio a persoas en exclusión , así como o servizo de probas rápidas de VIH, que teñen carácter gratuíto e anónimo, fundamental para a detección precoz.
Outra das accións relacionadas con esta data faráse o sábado 5 de decembro. En colaboración con “Apoio Positivo”, realizarase un reparto de información, lazos vermellos e preservativos nos locais de ocio do casco histórico, buscando concienciar á mocidade no seu propio terreo.
O Comité pecha estas accións cunha mensaxe clara: a sida debe ser tratada socialmente como o que xa é medicamente, unha enfermidade crónica e controlable. Por iso, reivindican máis recursos en saúde mental e a fin do estigma para quen a padece.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior