BALANCE DE CRIMINALIDAD
Radiografía del delito en Ourense: aumento de estafas online, drogas y violaciones
MÚSICA, ARTE E TEATRO
Sobrado do Bispo convértese nun referente cultural coa posta en marcha de EmularT, unha iniciativa que naceu da man de Rafael Yebra, Andrés Conde, José López, Héctor Martínez e Carlos Arias fai un ano, aos que nesta edición se lles une Gonzalo Durán, Juan Diego García e Cristina Blanco para confeccionar un cartel de luxo co que gozar do lecer estival a través da cultura. “EmularT é un xogo de palabras: Expresión Multidisciplinar Artística. É decir, a conxugación de diferentes disciplinas basándose na música, pero cun significado que vai máis alá: unir ao pobo a través da cultura”, comenta Carlos Airas.
Así, un dos puntos nos que fan especial fincapé é no eido musical, por algo a Sobrado do Bispo se lle conoce como un dos máis musicais de España, xa que neste pobo chegou a haber 300 músicos. Mostra delo é Rafael Yebra, un dos impulsores e director do evento, que conta cun destacado currículo sendo considerado un dos mellores saxofonistas contemporáneos. Será con el e co guitarrista Oswaldo Oro cos que se abra a programación o vindeiro 12 de xullo, ás 20,00 horas, na igrexa. Tras esta actuación seguirán seis máis coas Cantareiras de Sobrado, Vagalumes ou Manuel Cebrian Trío, entre outros.
Un total de sete exposicións de pintura, fotografía e escultura, as sesións de curtas de comedia da man do Festival RiR de Allariz, e o teatro coa peza “Deus non quere calderilla” completan a axenda.
A actividade está organizada por EmularT, coa colaboración da Asociación Porta da Cadea, a Coral Voces e Cordas, A Taberna do Nani, o Concello de Barbadás e a Deputación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BALANCE DE CRIMINALIDAD
Radiografía del delito en Ourense: aumento de estafas online, drogas y violaciones
BEÍÑA CONTRA EL CÁNCER
La promesa que dio vida a una asociación ourensana contra el cáncer
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad