PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
TEATRO EN OURENSE
O Teatro Principal de Ourense acolleu onte a presentación do XVIII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se celebrará en sete xornadas comprendidas entre o 16 e o 26 de outubro, consolidándose como un dos grandes referentes escénicos e culturais de Galicia. A nova edición chega marcada pola reafirmación e apertura, cunha programación diversa que busca tender pontes entre a cidadanía, as artes e a reflexión social.
O público poderá gozar de 24 representacións e 19 compañías, incluíndo formacións galegas, estatais e internacionais. Ocuparán escenarios emblemáticos para Ourense como o Liceo Recreo Ourensán, a Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense, a Agrupación Cultural Auriense e o propio Teatro Principal.
O FITO ofrecerá catro estreas absolutas: as pezas pertencentes ao programa “67 Graos, de Ourense Efervescénica”; “Cuore de Italia”, de Priscila; “Xoguetes Rotos”, de Barrosanta; e “Showfito”, da compañía Arunrun. A programación complétase con nomes destacados da escena teatral galega como Elefante Elegante, Redrum Teatro, ButacaZero, Mofa e Befa ou Producións Teatrais Excéntricas, así como con compañías do resto do Estado e internacionais como Guirigai (Extremadura) e Sutottos (Arxentina), que achegarán novas linguaxes e perspectivas artísticas a unha programación ecléctica.
Segundo explicou Fina Calleja, directora do festival, o FITO mantén “a ambición de expansión e influencia” que o caracteriza desde hai dezaoito anos, apostando por unha programación que “aperta á cidadanía no seu conxunto” e que converte a rúa “no epicentro da experiencia teatral”. A directora salientou que o festival pretende “estimular un debate construtivo sobre temas de relevancia social, desde a igualdade e a diversidade ata a memoria histórica e a sustentabilidade”.
O FITO conta co apoio da Deputación de Ourense e da Agadic, ademais da colaboración do Campus, o Liceo Ourensán e o Teatro Principal. O obxectivo do evento é consolidar un modelo de festival que impulse e estimule o tecido cultural local, revitalice a vida artística da cidade e sirva como plataforma estable para novos talentos e proxectos creativos con proxección internacional.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROBLEMAS DE CONVIVENCIA
Hartazgo vecinal en A Ponte por la inseguridad: "No queremos que este problema siga normalizándose"
Lo último
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
David Alvarado
Bruxelas non pecha as tendas de Ourense
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 1 de octubre
MÁS DE 542.000
Las autorizaciones de arraigo aumentan un 54,7% en un año