MULTAS DESDE EL 1 DE JULIO
La zona de bajas emisiones afecta a uno de cada tres vehículos de la ciudad de Ourense
EDUCACIÓN
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presidiu a entrega de premios da segunda edición do certame InnovaTech FP no que foron premiados cinco centros da provincia. O CIFP A Carballeira (Ourense), polo seu sistema que analiza o son das máquinas para detectar anomalías no seu funcionamento; O CIFP Portovello (Ourense) galardoado por unha plataforma dixital que promove a segunda vida das pezas mediante a compravenda, doazón e intercambio; O IES San Mamede (Maceda) que presentou un sistema integral de localización e xestión intelixente de vehículos en talleres; O CIFP A Farixa (Ourense), que presentou unha automatización do pelado e a clasificación das castañas mediante un sistema de rolos con fibras e auga a presión para ou pelado e o IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), premiado polo desenvolvemento de mallas de biomulching e protectores biodegradables con labras de madeira.
O titular do departamento educativo da Xunta, aproveitou para por en valor o potencial innovador da FP galega, co Centro Galego da Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros. “Que os alumnos de FP sexan quen de elaborar solucións solventes é unha clara mostra de que algo se están a facer ben nas aulas”, incidiu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MULTAS DESDE EL 1 DE JULIO
La zona de bajas emisiones afecta a uno de cada tres vehículos de la ciudad de Ourense
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
El ourensano Manuel Outumuro muestra sus fotos de cine en Toulouse
Lo último