Biografías
Valente, un poeta del mundo
BARREIRAS DE XÉNERO
A socióloga da Universidade de Vigo, Iria Vázquez Silva, recibiu esta fin de semana o Premio ConBici, xunto con Sara Ortiz Escalante, de Col·lectiu Punt 6 de Barcelona, polo seu estudo coordinado “Movilidad ciclista y género. Un análisis feminista interseccional”. O galardón recoñeceu o “seu esforzo en rachar barreiras de xénero no uso da bicicleta”, e as sociólogas amosaron a súa satisfacción por recibir un recoñecemento que “supón unha oportunidade para darlle visibilidade ao estudo que realizamos e que nos gustaría que a xente o coñecese”. Este foi entregado no 21 Congreso Ibérico la Bicicleta y la Ciudad, en Santiago.
Iria Vázquez, profesora de Socioloxía e investigadora do Grupo de Estudos en Traballo Social da UVigo, explicou o tipo de metodoloxía empregada, tras realizar unha enquisa a 2.235 persoas entre 16 e 75 anos, e organizar seis grupos de discusión en distintas comunidades autónomas. “É un estudo pioneiro a nivel estatal e recolle datos tanto das persoas usuarias da bicicleta como das non usuarias -para coñecer os motivos polos que non se emprega a bicicleta-”. O traballo recolle datos desagregados por xénero, idade, procedencia migratoria, orientación sexual e identidade de xénero. Polo tanto, é “o primeiro estudo a nivel estatal cun enfoque interseccional”. Ademais dos datos anteriores, tamén se reflicte a diversidade territorial e o tamaño dos seus municipios.
A enquisa sinala unha fenda de xénero do 20% no uso da bicicleta. “As persoas non usuarias da bicicleta sinalan motivos para non empregala como: as longas distancias, falla de infraestruturas e medo ao roubo”, comenta Iria Vázquez. Outros datos din que “o 9% das mulleres que non usan a bicicleta é porque teñen persoas dependentes ao seu cargo” e que “o 45% das mulleres ciclistas manifestan ter vivido unha situación de acoso verbal ou físico de carácter sexual ou por razón de sexo. Este acoso incrementa para o colectivo LGTBIQ.
Nos grupos de discusión tamén se recolleron aspectos positivos, como “a liberdade que dá, a necesidade da ocupación do espazo e sobre todo que a bicicleta é un medio ecolóxico de transporte que moitas mulleres queren empregar”. As coordinadoras destacan as necesidades que amosou o estudo. “Precisamos máis infraestruturas ciclistas e maior pacificación do tráfico, para que as persoas poidan pedalear a diferentes ritmos e sentirse seguras”.
Como recomendacións, Iria Vázquez sinala que do estudo tamén se pode concluír que “se debe substituír o adxectivo de ‘vulnerables’ vinculado ás mulleres por ‘prioritarias’ nas políticas de mobilidade e de seguridade viaria”. O urbanismo, subliña, “ten que incorporar unha perspectiva de xénero” e “a loita contra a emerxencia climática pasa por repensar o xeito de mobilidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ENVÍOS DESDE EL EXTRANJERO
Nueve detenidos y 10.000 dosis de bótox intervenidas en una red de clínicas estéticas clandestinas en España
EXPECTATIVA DEL RECUENTO ELECTORAL
Colombia define su futuro político en unas elecciones presidenciales marcadas por la polarización
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado