Liberar a dor en forma de expresión artística
DÍA INTERNACIONAL DA ARTE
"Artespida" promove a creatividade entre os pacientes con alternativas que van máis alá de "ensinar a pintar"
Crear vínculos, aferrarse á vida, existir e compartir. Isto é o que fan os pacientes de psiquiatría de Ourense como parte da iniciativa “ArtEspida” de Piñor. Un espazo creativo no que a arte funciona como expresión e terapia ante a dor psíquica, a través da creación de obras nas mans dos propios pacientes.
Nado como un proxecto clínico terapéutico libre de ataduras e estigmas, esta iniciativa traspasou as fronteiras galegas para reunirse no centro Joaquín Roncal de Zaragoza xunto a outros dous colectivos que promoven a creación de autores con diversidade psíquica. En forma de exposición, apóstase comunmente pola singularidade e o respecto polo suxeito, inspirándose na psicanálise. “ArtEspida” vai máis alá de simplemente “ensinar a pintar”, permitindo a todos os pacientes que compartan e expresen todo o que levan dentro. Lugares onde a vida acontece, onde a arte nace sen moldes, desde o humor, o vínculo e a liberdade. Un proxecto que abre as súas portas tamén a pacientes non ingresados que amosen interese en participar.
No marco do Día Internacional da Arte o Servizo de Psiquiatría da área sanitaria de Ourense, aproveitou onte esta iniciativa para lembrar o valor da expresión artística como exemplo para aliviar o sufrimento psíquico en todas as culturas ou, como aseguran dende a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, como “un medio para que as persoas poidan expresar ideas, conciencia social, críticas e reflexións, utilizando distintos recursos plásticos, sonoros ou lingüísticos”.
Escoitar cos ollos
Xa en 2023, o Centro Cultural Marcos Valcárcel foi espazo dunha primeira mostra de “ArtEspida”. Baixo o título de “Arte e Loucura: Escoitar cos ollos”, un percorrido pola arte como resposta ante a dor psíquica realizada nos últimos 60 anos da historia asistencial da psiquiatría ourensá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑOS DE 800 EUROS
Condenado por destrozar el portal de su expareja en Ourense
ELECCIONES A RECTOR DE LA UVIGO
Cara a cara con “reproches” por el rectorado de la UVigo
Lo último