“Libre de Culpa” pecha o curso da Sala Alterarte reivindicando a loucura
EXPOSICIÓN
O espazo expositivo do campus acolle a exposición ata o día 11 de xullo
A expresión artística libre toma forma na nova exposición “Libre de culpa”, composta por obras dos membros do grupo Locos con Certificado. Comisariada pola psicóloga e historiadora da arte Marta García, a mostra poderá visitarse ata o vindeiro 11 de xullo na Sala Alterarte, no espazo expositivo do campus de Ourense.
“Libre de culpa” traslada ao visitante a unha capela na que se poden ver unha ducia de cadros e outras pezas elaboradas en diferentes formatos e materiais, coa presenza de elementos eclesiásticos típicos como un altar e un reclinatorio. Para García, “a loucura debe ser pensada como unha forma de existencia, unha configuración subxectiva que xorde onde o lazo social afrouxa ou desaparece”.
Peche do curso
Con esta exposición, a Sala Alterarte pecha a súa programación deste curso académico 2024/2025, onde desenvolveu o ciclo expositivo “Reciprocidade”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑOS DE 800 EUROS
Condenado por destrozar el portal de su expareja en Ourense
ELECCIONES A RECTOR DE LA UVIGO
Cara a cara con “reproches” por el rectorado de la UVigo
Lo último