A lingua galega a través dos ourensáns: "Fálolle galego aos meus netos, aínda que me respondan en castelán”
DÍA DAS LETRAS GALLEGAS
Ourense consolídase como un dos principais bastións do galego e é a única cidade galega onde aumenta o seu uso nos últimos cinco anos, segundo a Enquisa Estrutural de Fogares. Os ourensanos opinan sobre o seu uso da lingua.
Nun contexto no que o castelán xa é a lingua maioritaria no conxunto de Galicia, Ourense mantense como un dos principais bastións do galego. Xunto con Lugo, é a provincia na que máis da metade da poboación continúa sendo galegofalante, cun 54,2%. Así o reflicten os datos da Enquisa Estrutural de Fogares, publicada en 2024 con información referida ao peche de 2023.
Se me falan en galego, respondo en galego, pero habitualmente só o falo cos meus avós”
O uso do galego é menor nos ámbitos urbanos. Con todo, a cidade das Burgas, onde o castelán é maioritario como no resto das urbes, achega un dato salientable: aínda que non é a cidade onde máis se fala galego, é a única na que o seu uso medra no último lustro —con incrementos case imperceptibles en Santiago e Pontevedra e descensos no resto de áreas urbanas— pasando dun 33,5% en 2018 a un 37,9% en 2023.
Falo habitualmente castelán, porque de pequena ríronse do meu galego, que non era perfecto”
“No día a día falo máis galego ca castelán, non podemos permitir que morra a nosa lingua”
O uso do galego é menor nos ámbitos urbanos. Con todo, a cidade das Burgas, onde o castelán é maioritario como no resto das urbes, achega un dato salientable: aínda que non é a cidade onde máis se fala galego, é a única na que o seu uso medra no último lustro —con incrementos case imperceptibles en Santiago e Pontevedra e descensos no resto de áreas urbanas— pasando dun 33,5% en 2018 a un 37,9% en 2023.
Teño amigos que non falan galego por medo a cometer algún erro, penso que iso é triste"
Eu falo sempre galego, o problema está nos rapaces, temos que lograr conciencialos”
Fálolle galego aos meus netos, aínda que despois eles me respondan en castelán”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
40 PARA EL CONGRESO EN GALICIA
Once candidaturas al Congreso y siete al Senado competirán por Ourense en las elecciones del 29N