Luis Seara, candidato do BNG en Ourense: “A cidade non pode seguir en mans de catro amigos”
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2027
O BNG presenta a Luis Seara como candidato en Ourense para 2027 e aposta por unha etapa de “menos ruído e máis xestión” na cidade.
Luis Seara foi presentado onte como candidato do BNG á alcaldía de Ourense de cara ás eleccións municipais de 2027. Arroupado pola portavoz nacional da formación, Ana Pontón, e referentes do municipalismo nacionalista como a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, o líder local erixiuse como a alternativa firme para deixar atrás unha “triste páxina de caos no que está instalada a cidade”.
O candidato nacionalista criticou la parálise de Ourense, denunciando que o enorme potencial da cidade está “secuestrado por unha persoa que usa Ourense como o seu escenario persoal”. Seara foi tallante respecto ao actual goberno de Gonzalo Pérez Jácome: “Ourense precisa avanzar e funcionar, non pode seguir secuestrada nas mans de catro amigos. Merece futuro, non espectáculo”.
Fuxindo da resignación, o alcaldable do BNG advertiu que baixar os brazos só serve para darlle alento ao actual rexedor. Seara garantiu que o seu obxectivo non é “ocupar unha cadeira”, senón conseguir que Ourense avance “para que a veciñanza recupere o orgullo e a autoestima de pertencer á terceira cidade de Galiza”. A súa folla de ruta, insistiu, pasa por un modelo de “menos ruído e máis xestión”, poñendo “os barrios e a xente no centro das políticas” e atraendo investimento.
Pola súa banda, Pontón avalou a figura de Seara como o líder “capaz de transformar Ourense na gran cidade que pode ser”. A portavoz do BNG contrapuxo o actual desgoberno coa “xestión municipal de éxito do BNG”, poñendo como gran referente o modelo de Allariz, e defendeu a urxencia de abrir unha nova etapa de “seriedade e rigor” na política ourensá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima