TRAYECTOS QUE SON UNA ODISEA
El recorte de líneas dispara el tiempo de viaje de los autobuses de Ourense
PREVENCIÓN
Ourense/ Na xornada de onte celebrouse o Día Internacional da Acción contra a Migraña, unha enfermidade que afecta a miles de persoas na provincia, co obxectivo de dar visibilidade a unha patoloxía que sofre de banalización e conseguintemente infradiagnóstico.
A migraña é a enfermidade neurolóxica máis frecuente e a máis común nas consultas do Servizo de Neuroloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Por iso, no Hospital Universitario de Ourense contan cunha consulta monográfica semanal, atendida polas especialistas María Pardo e Nabil Sabbagh, que en 2024 atendeu a 404 persoas con migraña grave ou crónica e serve de enlace cos pacientes en temas de formación e administración da medicación.
Na provincia de Ourense, máis de 41.000 persoas poderían padecer esta doenza, que é a primeira causa de discapacidade en adultos menores de 50 anos. Entre os pacientes que sofren esta enfermidade existe unha importante diferenza de xénero en canto a prevalenza, xa que a Sociedade Español de Neuroloxía (SEN) estima que afecta ao 18% das mulleres e ao 9% dos homes.
En Ourense supón que máis de 28.000 mulleres e 13.000 homes padecen migraña. As especialistas do Hospital Universitario de Ourense, María Pardo e Nabil Sabbagh, destacan que ata o 40% dos enfermos non están diagnosticados, e pola súa banda, o 50% seguen un tratamento inadecuado. En moitos casos, a migraña está reducida a unha dor de cabeza sen importancia. Esta minusvalorización leva a automedicación, aumentando polo tanto o risco de cronificación da enfermidade.
Esta afección maniféstase a través dunha intensa dor pulsátil a un só lado do cranio, acompañado de molestia ante a luz e ao ruído, e incluso náuseas, vómitos, e as veces molestias aos cheiros e o movemento. Estes efectos tamén poden estar condicionados por unha orixe xenética complexa, na que inflúen factores ambientais ou hormonais. Os profesionais afirman que o principal factor de protección e prevención, ante a cronificación, é o diagnóstico e un tratamento adaptado ás características da afección, para loitar así contra a automedicación e os mitos.
Para evitalos, desde o Servizo de Neuroloxía animan aos pacientes a acudir en primeiro lugar ao médico de atención primaria, para unha valoración e un primeiro tratamento. Unha migraña grave pode producir dor durante 15 días ao mes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRAYECTOS QUE SON UNA ODISEA
El recorte de líneas dispara el tiempo de viaje de los autobuses de Ourense
CONEXIONES DE LA CIUDAD
El autobús urbano de Ourense: un servicio ineficaz, poco intuitivo y lesivo con la periferia
Lo último