A Miteu celebra tres décadas con 19 actuacións programadas
Entre o 23 de abril e o 10 de maio, levarán a cabo un total de 19 espectáculos de sala e rúa, música e danza, da man de 210 participantes procedentes de 13 grupos universitarios e seis profesionais -de España, México, Portugal, Dinamarca, Guinea Ecuatorial e Gambia-.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense cumpre 30 anos. Ao longo destas tres décadas pasaron por Ourense compañías de teatro de 50 países, sumando un total de 6.000 participantes e 170.000 espectadores. Así, este ano a programación promete non defraudar. Entre o 23 de abril e o 10 de maio, levarán a cabo un total de 19 espectáculos de sala e rúa, música e danza, da man de 210 participantes procedentes de 13 grupos universitarios (entre eles os de todos os campus galegos) e seis profesionais -de España, México, Portugal, Dinamarca, Guinea Ecuatorial e Gambia-. Ademais, tamén haberá coloquios, encontros, unha exposición e un taller sobre “Creación do corpo reflexivo”, ofrecido por Russo Nnandong. Estas actividades contan cun financiamento duns 40.000 euros.
Os temas sociais terán un peso importante nos espectáculos, abordándose neles cuestións como a violencia de xénero, o racismo e a preocupación polo auxe dos extremismos. A programación completa estará dispoñible proximamente na web oficial da mostra, con todo, cabe destacar que o xoves 24, ás 19,00 horas, na Praza de San Martiño, terá lugar o espectáculo “Visión panorámica”, no que participarán diferentes grupos dos campus de Ourense -o seu coro, a súa aula de danza, o seu grupo de música tradicional galega e a aula de teatro Rosaura-. Mentres que a clausura da mostra, o 10 de maio, contará coa estrea da última produción da aula Universitaria de Ourense Maricastaña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Pregúntele a Vivas
Juan José Feijóo
Las encuestas más fiables, menos la del CIS
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra