SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
BALANCE POSITIVO
A XXX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) chegou ao seu fin o pasado sábado, cun balance moi positivo dunha edición na que se acadou a cifra de arredor de 4000 espectadores.
A mostra tivo lugar entre o 23 de abril e o 10 de maio, dirixida por Fernando Dacosta desde Sarabela Teatro. Contou con 19 espectáculos de teatro de sala e de rúa, de música e de danza, complementada con coloquios, encontros, un obradoiro e unha exposición. Estiveron máis de 210 participantes de 13 grupos universitarios (entre eles os de todos os campus galegos) e seis profesionais, con representación de México, Portugal, Dinamarca, Guinea Ecuatorial e Gambia, ademais de España. Na programación, a Universidade de Vigo volveu a ter un papel destacado, non só como unha das entidades que financiou e apoiou a mostra (xunto á Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Teatro Principal, Liceo e Cervexas Esmorga) senón tamén coa participación no certame das súas catro aulas de teatro universitario e dos grupos de danza, música tradicional e coro do campus de Ourense.
Agradecendo os apoios recibidos, desde a organización da mostra destácase desta edición que “houbo unha gran calidade xeral nos espectáculos e momentos que fican na memoria e no maxín” e que “houbo moito público (cunha media superior a 200 persoas, o que fai que se superen os 4.000 espectadores e espectadoras)”. Foi ademais, sinalan, unha edición especial na que se conmemoraron as tres décadas de existencia da Miteu, 30 anos nos que actuaron en Ourense grupos de 49 países dos cinco continentes, con arredor de 6000 participantes e 175.000 espectadoras e espectadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado, 21 de marzo